Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

No capítulo de ‘Chegar á casa. O infiel galego’ Marta intenta recompoñerse trala ruptura

A Televisión de Galicia ofrece esta noite o segundo capítulo de Chegar á casa. O infiel galego, a nova aposta de ficción para os martes á noite, que parte da historia dunha muller que regresa á súa terra natal, en Portugal, tras o fracaso do seu matrimonio e despois de vivir durante 15 anos en Santiago de Compostela.

Os espectadores verán hoxe como Marta intenta recompoñerse e sobrevivir, pero nada do que fai -meditación, libros de autoaxuda- alivia a súa tristeza e o sentimento de fracaso. Cátia, a súa amiga da infancia, intenta axudala, ou quizais non.

Ademais, vese obrigada a quedar á fronte da pensión dos pais para botar unha man e atópase coa resistencia a acatar ás súas ordes de Lourdes, a empregada máis antiga. Tamén coñece a Nuno.

Mentres, en Santiago, Caetano está plenamente feliz coa decisión que tomou. Sente que reviviu e que Lola é a muller coa que sempre soñou: activa, faladora, sensual.

Por outra banda, os espectadores da segunda canle da Galega poderán ver esta noite Señores das redes, un documental de Alejo Moreno, realizado en 2017, sobre a pesca no Atlántico Norte, na zona de Terra Nova.

Producido por Borrasca Producciones, é a primeira vez que se grava a bordo do Arnomendi e dos barcos de pesca, en plena acción, nun dos caladoiros máis importantes e duros do mundo.

E finalmente no programa de Televisión de Galicia A Revista contará hoxe coa presenza do doutor Enrique Mena del Río, recoñecido pola web Doctoralia como o mellor especialista de España en cirurxía xeral e dixestiva.

01 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.