Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sindicalismo e mar, premio a unha obra sobre a emigración

O historiador referente Bieito Alonso é escollido gañador do certame de Ensaio Manuel Murguía

O historiador Bieito Alonso é o gañador do XIII Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña coa súa obra Estendendo a rebelión. sindicalistas marítimos galegos na América Atlántica 1875-1930. O autor é un dos referentes da historiografía galega cunha ampla obra que xira especialmente arredor da emigración, o exilio e o sindicalismo galego.

Un xurado composto por ensaístas escolleu a obra Estendendo a rebelión. sindicalistas marítimos galegos na América Atlántica 1875-1930 de Bieito Alonso como gañadora da décimo terceira edición do premio Manuel Murguía de Ensaio da área de Cultura da Deputación da Coruña. O premio está dotado con 6.500 € e a publicación da obra gañadora.

O xurado valorou que a obra “acomódase acaidamente áo xénero ensaio. Investiga a pegada deixada por unha serie de sindicalistas galegos en distintos portos atlánticos de sudamérica e de norteamérica. O libro aborda a relación de Galiza co Atlántico ofrecendo unha lectura novidosa do océano como espazo xeográfico historizable en consonancia coas correntes historiográficas actuais”.

Alén do traballo de investigación na prensa sindical americana e da pesquisa biográfica dos personaxes estudados, o ensaio destaca, segundo o xurado, “por ofrecer unha visión do país no mundo que expande a imaxe que temos da emigración galega. Un fenómeno, este, que non se esgotaría no que tivo de vía de saída para masas de labregos, na conformación de comunidades de emigrados ou na experiencia do exilio, senón que tamén presentaría derivadas proletarias e revolucionarias, especialmente na súa veta anarquista”.

No traballo, “o país, lonxe de aparecer como periferia, preséntase como punto neurálxico das grandes rotas atlánticas, tamén no que ten que ver coa circulación de ideas emancipadoras” comentou o xurado, estivo composto por Celia Pereiro, Helena Miguélez-Carballeira, Suso Fernández Acevedo, David Rodríguez entre outros.

12 jul 2021 / 18:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.