Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 25 junio 2022
22:53
h

Soledad Penalta pecha ‘As mulleres cen anos despois de Pardo Bazán’

O ciclo está dentro do programa coordinado por parte do Concello da Coruña e pola RAG

A Coruña. A escultora Soledad Penalta será o vindeiro xoves, 2 de decembro (18:00 horas), a última convidada do ciclo As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo. O programa é unha iniciativa coorganizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da escritora. A creadora falará no que foi o fogar a autora homenaxeada (rúa Tabernas, 11 – A Coruña) sobre o apoderamento das mulleres no mundo da arte e como inflúe a ollada de xénero para facer visibles os estereotipos de xénero neste eido. Baixo o título Modelando soños, unha vida entre o lume o aceiro, Soledad Penalta fará tamén un repaso pola súa traxectoria vital nunha conversa coa xornalista Noela Bao.

Soledad Penalta exerce como escultora dende 1972 e fixo a súa primeira exposición no ano 1981. Estudou na escola de oficios artísticos da Coruña, completou a súa formación en Barcelona e Italia e traballou no Studio Arts de Los Ángeles. Entre as súas obras públicas destacan Los Guardianes, do parque escultórico da Torre de Hércules ou a situada na praia de Ladeira, en Baiona.

A conversa entre Soledad Penalta e Noela Bao desenvolverase no salón de actos da Real Academia Galega. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. O acto, que se emitirá en directo dende a canle de Youtube de Cultura da Coruña, poralle o ramo a un ciclo polo que pasaron dende o mes de marzo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a académica Marilar Aleixandre, directora da revista La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán; a gaiteira Susana Seivane; a vicevaledora do Pobo, María Xosé Porteiro, entre moitas máis mulleres de éxito no seu ámbito profesional. ECG

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.