Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sor Salud será a protagonista hoxe de ‘Facendo as Américas’

Animada notie no ‘Bamboleo’ coas actuacións da gaditana Merche, a formación galega Mon Band e a Orquestra Olympus

A protagonista deste sábado de Facendo as Américas é SAlud Conde Nieto, máis coñecida como Sor Salud, unha das nosas ourensás máis internacional que dirixe actualmente a educación de máis de quince mil nenos e nenas de todo o mundo.

Ademais de ser relixiosa, sor Salud é a fundadora e directora da rede de colexios Miraflores, presentes en diferentes rexións de México e, posteriormente, noutras partes do mundo, incluída, por suposto, Galicia.

As presentadoras do programa falarán con ela en Ourense, aproveitando unha visita da invitada á súa terra, pero tamén se desprazarán a México, o seu país de acollida, para coñecer máis de preto a súa obra.

Conducido polas actrices Ana Feijóo e Estíbaliz Veiga, Facendo as Américas presentanos a eses galegos que arriscaron todo canto tiñan para buscar o éxito máis aló das súas fronteiras.

No que se refiere ao Bamboleo chega hoxe á Televisión de Galicia cunha convidada gaditana que triunfa como cantante e compositora. Merche visita o programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro nunha noite chea de diversión para todos os públicos.

Xa son case 20 anos de aventura discográfica e, despois de vivir un ano complicado a causa da pandemia, a artista regresa con La Diabla, unha canción de son urbano en que amosa a súa versatilidade e capacidade de adaptación ás novas tendencias musicais. Coma sempre que visita Bamboleo, Merche participará dos xogos máis divertidos que os colaboradores do programa teñen preparados para ela e cantará outros éxitos da súa extensa carreira.

A banda galega Mon Band visitará o programa trala acollida que tivo nas plataformas dixitais. La mejor versión de mi é o tema que interpretará o grupo liderado polo músico galego Mon Cancela.

Este sábado de festa estará amenizado por unha das grandes formacións da verbena galega, a orquestra Olympus, que ofrecerá unha selección de temas.

Previa á estrea dos agardados novos espazos que chegarán á TVG este verán, como a serie Irmáns ou o concurso Atrápame se podes, a canle pública acompañará o inicio oficial da temporada estival co arranque este luns da nova programación da G2.

Entre as propostas, contidos para todas as idades: maratóns de animación infantís, series familiares de éxito; ou unha nova temporada do programa Aquelando, así como a emisión na G2 de #ApuntamentoLusófono, o espazo de #DígochoEu en Twitch que pode verse tamén en televisión.

Na oferta de animación para a rapazada destaca un maratón do programa de produción propia A pita cega, con series como Tutú, As aventuras de Minchi, Os Axóuxeres ou as curtas de Nós tamén creamos.

Continuará con propostas máis xuvenís, entre as que se atopan as series Miracle Tunes, Spirit, King Julien, Monster Allergy e Rantaró.

Nas tardes, ofreceranse novos maratóns de debuxos (Os Croods, Picapedra e Peabody e Sherman) e, na fin de semana, disporanse novos maratóns de Os Bolechas e Telmo e Tula para os máis pequenos da casa, do anime xaponés co Detective Conan e da factoría Dreamworks con Home, amais das entregas de humor e as bromas por Galicia adiante de Cámara Gag.

19 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.