Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sustentabilidade como base de creación na arte

Profesionais deste sector amosan no Consello da Cultura Galega as súas pezas

Santiago. O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este mércores unha xornada que visibilizou diferentes proxectos artísticos que amosan como a arte pode ser un medio e ferramenta de transformación social. Creadores e xestores amosaron proxectos que se desenvolven desde a Ribeira Sacra, África, Gondomar, León e que permiten ver que a arte tamén pode ser un motor de transformación económica e social concibida desde a sustentabilidade. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o coordinador da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, Manuel Quintana Martelo, e a coordinadora da xornada Paula Cabaleiro, inauguraron esta cita titulada Da emerxencia(creativa), que foi gravada e se porá na páxina web da institución.

“Máis que respostas esta xornada o que pretendeu foi abrir interrogantes” explicou a coordinadora, Paula Cabaleiro, que afirmou que “non hai respostas categóricas sobre o dano irreversible sobre o planeta e, aínda que chegamos tarde, si temos que actuar”. Esta cita organizada pola Sección de Creacións e Artes Visuais Contemporáneas do CCG serviu para poñer enriba da mesa experiencias que levan un tempo funcionando e que amosa como a arte pode ser un camiño para unha mellor comprensión do territorio.

A cita, que estaba artellada a modo de conversas participativas, estaba dividida en dúas mesa. A primeira permitiu dar a coñecer experiencias e prácticas artísticas contadas desde a voz dos propio protagonistas. Comezou Fernando Casás, que desde a súa dobre perspectiva de artista e docente, explicou que leva corenta anos traballando en que a súa obra mantivese un “constante diálogo” coa natureza.

Por outra lado, a segunda das mesas amosan proxectos desde a xestión con tres modelos diferentes que falan dunha transformación a todos os niveis. REDACCIÓN

22 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.