Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tamén participirán no espazo da TVG Sabela Ramil e a recoñecida orquestra Los Satélites

Televisión de Galicia (TVG) emite hoxe unha nova edición de Bamboleo. O coñecido presentador Xosé Manuel Piñero contará con dúas figuras destacadas no panorama musical galego: Sabela Ramil e Susana Seivane, dúas artistas que destacan polas súas creacións e a súa contribución ao panorama musical do país.

Así mesmo visitará o plató do Bamboleo a emblemática orquestra Los Satélites, que traerá ao plató o mellor da verbena galega.

Os colaboradores do programa Claudio Pan, Tamara Pérez, Javier Varela e Damián Cortés poñerán un extra de humor no programa; que contará ademais coas historias máis divertidas de Isi. Sabela Ramil presentará o seu primeiro traballo discográfico Despedida. Nel, a cantante de As Pontes espreme a forza e a dozura da súa voz acompañándoa de gran variedade de sons.

Susana Seivane, unha das gaiteiras galegas con máis recoñecemento nacional e internacional acaba de publicar Dende o meu balcón, un traballo que fixo durante o confinamento e que xa é o sexto disco de estudio. Susana interpretará no escenario de Bamboleo un popurrí de temas tradicionais, e unha versión nova de Quinteiro.

Na sección do Agora ou Nunca estarán Iria Lorenzo e Pila Añón, que cantarán os temas Hijo de la luna na versión de Stravaganza e Chega de Saudade unha bossa nova de Tom Jobim. Na Jrileira, o karaoke para entidades deportivas, participarán hoxe Telmo polo Club Atletismo Narón e Paquito pola Sociedade Deportiva Monterroso cantando Ay, Jalisco, no te rajes e adiviñando intérpretes.

02 abr 2021 / 00:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.