Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tanxugueiras e Coti, voces estrela do novo ‘Bamboleo’

O espazo, presentado por Xosé Manuel Piñeiro, contará tamén con convidados como a Orquestra Los Players, entre outros

Música, humor, xogos e festa serán os eixes sobre os que Bamboleo artellará o espectáculo de hoxe na noite de Televisión de Galicia (TVG). O espazo, presentado por Xosé Manuel Piñeiro, contará con convidados como o cantante e compositor arxentino Coti, Tanxugueiras e a Orquestra Los Players.

Coti foi o creador de importantes composicións que xa forman parte da historia da música pop como Nada fue un error, Antes que ver el sol ou Color esperanza.

Esta noite en Bamboleo interpretará grandes éxitos da súa carreira musical e participará nos xogos que os colaboradores do programa lle teñen preparados. Ademais ofrecerá un adianto do seu novo disco: o tema La chica de la esquina rosada.

O grupo Tanxugueiras estará presentando o seu último single: Midas.

Nese tema, Olaia, Sabela e Aida no que se afastan dos seus anteriores traballos, exploran novas sonoridades e se achegan aos ritmos urbanos xa que esta formación galega aposta pola música tradicional pero cunha reviravolta moi orixinal.

A orquestra Los Players traerá a Bamboleo as súas propias versións de temas moi actuais, mentres que a parella de baile de Redondela formada por David e Lidia fará dúas exhibicións de bachata no Dirtidansi, segundo sinalan na súa nota de prensa.

Laura Rey e Michaël González participarán na sección Agora ou Nunca interpretando os temas Fue difícil, de Rodrigo Tapari e Break my heart, de Finneas.

No karaoke do apartado chamado a Jrileira para entidades deportivas participarán Rosa, polo Club de Patinaxe Artística Brincadeira da Coruña e Manola pola Sociedade Deportiva A Baña cantando o tema Lamando a la tierra, de M-Clan e acertando intérpretes de cancións.

A sección da ITV Do Amor porá a proba unha parella de namorados que intentará despistar o participante do público para que non se faga co premio.

Non faltará á cita do sábado nesta entrega deste magacine da TVG o furacán de Arca: Isi, co que as risas serán sonadas. Completarán o equipo Tamara Pérez e Claudio Pan xunto con Javi Varela e Damián Cortes, entre outros.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

08 may 2021 / 00:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.