Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Terceira aventura dos Minimortos de Ledicia Costas

A escritora Ledicia Costas (Vigo, 1979) coa ilustradora Mar Villar (Alacant, 1984), logo de Benvido ao Outro Barrio e Criando Malvas, acaban de publicar a terceira entrega, titulada Escola de salvaxes (Xerais, 2021), da súa serie “Os Minimortos”, que desdramatiza a morte e que se acompaña duns paratextos que presentan os protagonistas e o peculiar mundo de ultratumba no que viven.

Desta volta, a cuadrilla dos Minimortos, conformada pola rapazada do Outro Mundo, que se acompaña dos seus axudantes animais e vexetais, coñecen a mestra Sinistra, quen os pecha na escola e se empeña en obrigalos a que estuden. Mais eles, que só pensan en xogar e facer trasnadas, levados pola súa curiosidade tratarán de descubrir cales son as verdadeiras intencións desta muller excéntrica.

Unha serie moi divertida e recomendable para acompañar á rapazada no seu tempo de lecer e que, sen dúbida, axudará a fomentar o hábito lector.

m.fboo@udc.es

02 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.