Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Terceiro acto’, unha reflexión do CDG sobre o final da vida

Estréase mañá no Salón Teatro de Santiago e estará ata o 16 de maio, con máis de 30 funcións

O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, estrea mañá a súa nova produción Terceiro acto, dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez e que reúne un elenco de rostros moi coñecidos para o público. Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

A obra foi presentada onte no Salón Teatro, nun acto no que participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, xunto coas directoras e o equipo de intérpretes.

Na súa intervención, Anxo M. Lorenzo destacou o esforzo que están a facer os profesionais das artes escénicas para seguir achegándolle á cidadanía os seus espectáculos dun xeito seguro nun contexto de especial dificultade. Neste sentido, resaltou o capacidade de adaptación do sector cultural ás circunstancias derivadas da COVID-19, o que tamén vén demostrar o seu compromiso co público. Con esta produción o Centro Dramático Galego fai unha nova aposta pola codirección, neste caso neste caso da man de dúas mulleres. Avanza así tamén no compromiso adquirido este ano coa adhesión á iniciativa Tempadas de igualdade nas artes escénicas, promovida pola asociación para a igualdade de homes e mulleres na cultura Clásicas e Modernas.

O equipo artístico complétase ademais con maioría feminina. A escenografía corre a cargo de Marta Pazos, o vestiario de Yaiza Pinillos, a iluminación de Miguel Ruz Velasco, o espazo sonoro de Hugo Torres e a coreografía de Amaya Galeote. Pola súa banda, Laura Míguez asume a asistencia de dirección, Carmen Triñanes, a de escenografía e Xandre Vázquez, a de produción.

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.