Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Ti primeiro’ unha novela interactiva galega cun formato app

Conxuga varias linguaxes como o audiovisual, a literatura ou os videoxogos

A Coruña. O pazo provincial acolleu onte a presentación da novela visual interactiva Ti primeiro, de Melgo Cinema, un proxecto innovador e singular que está apoiado pola área de Cultura da Deputación da Coruña a través da súa liña de subvencións para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural.

A novela terá o seu lanzamento internacional no mes de agosto en formato app para dispositivos móbiles. Está escrita, dirixida e producida por Roberto Alvite, fundador da produtora galega Melgo Cinema, esta aplicación móbil realizada con imaxe real invita ao usuario a vivir unha experiencia inmersiva única mediante unha nova narrativa que explora as relacións de parella actuais e a súa evolución co paso do tempo.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, explicou que “apoiamos esta iniciativa pola súa singularidade e polo interese social e cultural a través dunha liña de subvencións que, o ano pasado, destinou 260.000 euros a 22 proxectos” e incidiu en que é “un proxecto singular por varias razóns, a primeira porque conxunga varias linguaxes, a audiovisual, a literatura e os videoxogos e porque a narrativa visual ten A Coruña entre un dos seus escenarios”.

A través da aplicación os usuarios terán a oportunidade de introducirse na intimidade dunha parella e escoller o camiño dos dous protagonistas. A partir deste verán os tres capítulos, de 60 minutos cada un, que compoñen a experiencia estarán dispoñibles simultaneamente para os sistemas de iOS e Android. Redacción

14 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.