Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 03 agosto 2021
16:17
h

Touriñán, David Amor e Carlos Blanco a Santiago co ciclo ‘Comicamente’

Estarán na Cidade da Cultura o 29 de agosto nun proxecto da Xunta // Chegará ata 12 concellos con humor galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou onte o novo ciclo Comicamente, impulsado polas empresas Con de tres pés, Etiqueta Negra e Ainé Producións co apoio da Xunta de Galicia para levar o humor a 12 concellos da Comunidade desde finais de xullo a comezos de setembro. O proxecto, enmarcado na programación do Xacobeo 21-22, súmase ás iniciativas postas en marcha polo Goberno galego co obxectivo de contribuír á reactivación do sector cultural.

A presentación desenvolveuse na Cidade de Cultura, escenario escollido para un dos espectáculos, e contou coa participación dos actores e humoristas Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, quen, xunto a Luís Piedrahita, lideran a iniciativa. Ademais, a monologuista Lucía Veiga, tamén presente no acto de hoxe, será a mestra de cerimonias de todas as funcións.

Na súa intervención, o conselleiro salientou a presenza dos “tres pesos pesados da comedia a todos os niveis”, que estarán acompañados por outros dez rostros moi coñecidos e que representan “o noso humor, o xenuinamente galego”.

Así, Amor, Oswaldo Digón, Isi, Marita Martínez, Carmen Méndez, David Perdomo, Federico Pérez, Celso Sanmartín, Ledicia Sola e Pepo Suevos completan o cartel deseñado para levarlle ao público a risa e o seu demostrado efecto terapéutico, “tan necesario nestes momentos especialmente complicados que estamos a vivir”, apuntou Román Rodríguez.

Amor, Blanco e Touriñán van actuar o 29 de agosto na Cidade da Cultura, As entradas para asistir aos espectáculos póñense á venda hoxe mesmo en ataquilla.com.

O Carballiño, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Ourense, Mondoñedo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Lalín son os outros concellos confirmados que van acoller, do 31 de xullo ao 4 de setembro, as actuacións previstas. A eles sumarase unha localidade máis, aínda por determinar. Todos os espectáculos serán ao aire libre.

O conselleiro puxo onte en valor o esforzo desenvolvido polas empresas que sustentan este programa e por toda a industria cultural galega para levar adiante os seus proxectos neste contexto de especial dificultade.

Nesta liña, referiuse á aposta que está a facer a Xunta para apoiar o sector cultural, co impulso de máis de 3000 actividades por toda a xeografía galega.

datas
o 31 de xullo no Carballiño

··· O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, incidiu nas actuacións culturais como espazos seguros, nos que se seguen estritos protocolos sanitarios e coa seguridade do público sempre por diante. Xunto ao Goberno galego, apoian esta nova iniciativa as empresas Gadis, Deleite e Estrella Galicia.

··· O ciclo arranca xa o vindeiro 31 de xullo no Campo das Barcias do Carballiño, con Carlos Blanco, Carmen Méndez e mási David Perdomo . Xa o 6 de agosto, Carlos Blanco, Luis Piedrahita e Xosé A. Touriñán actuarán na ETEA de Vigo e, o 7 de agosto, Blanco, Piedrahita e Suevos no Parque da Xunqueira de Vilagarcía. E Marita Martínez, Federico Pérez e Xosé A. Touriñán levarán o humor á praza Fonte de Ramos, en Sanxenxo o 13 de agosto. Na seguinte semana, o 20 de , a Alameda dos Remedios de Mondoñedo será o escenario para Celso Sanmartín, Ledicia Sola e. Touriñán, mentres que o 21 a explanada do Recinto Feiral de Pontevedra o será para Amor, Blanco e Touriñán, todos eles protagonistas do ciclo.

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito