Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Traizóns, mentiras e segredos chegan á pantalla coa TVG

Este luns, en ‘O Derradeiro Show’, Marianico el Corto séntese enganado por Chusé, que monta unha poxa sen consultarllo

A TVG volve cunha morea de novos capítulos, empezando por uha nova entrega da serie Auga Seca, onde a policía atopa un novo alixo de armas no apartamento de Raquel, a moza de Fran, o que forma parte da manobra de distracción de Mauro.

A confesión de Leo identifica a Fran como o terceiro membro da banda, confirmándoo como parte da trama de tráfico de armas. Esa información fíltrase á prensa e cando Irene se decata enfurécese, xa que non só perdeu o seu fillo, senón que a súa memoria queda desfeita.

Ao mesmo tempo, Teresa cóntalle a Laura o que viu na comisaría: un pago dunha empresa con sede en Panamá á nave de Vigo baixo o nome de Peristerias, o alcume que o seu pai empregaba para Paulo e mais ela. É posible que o seu pai estivera involucrado en todo isto? A única forma de descubrilo é volvendo á casa, a Lisboa.

O DERRADEIRO SHOW. A Televisión de Galicia ofrece tamén esta noite unha nova entrega de O derradeiro show, primeira serie producida pola televisión autonómica aragonesa, que se centra nun dos personaxes televisivos máis famosos da España dos 90: o popular Marianico el Corto, humorista que parodiaba o home de campo aragonés.

No cuarto capítulo, os espectadores verán como Chusé monta unha poxa con obxectos sobre Marianico el Corto sen contarllo. Cando Miguel Ángel o descobre, séntese traizoado por quen foi o seu representante e amigo.

A REVISTA. Por outra bandaO xornalista e crítico musical Xavier Valiño estará hoxe no estudio do programa A Revista para presentar o seu libro Las 100 mejores películas del rock, en que ofrece unha selección de películas e e series de televisión arredor deste estilo musical, no seu concepto máis amplo. O percorrido comeza nos anos 50, co arranque do rock & roll, e chega ata a actualidade.

O espazo da TVG tamén recibe este luns a inmunóloga África González, que falará da nova variante surafricana da covid-19, que espertou preocupación entre os científicos, as autoridades sanitarias e a comunidade internacional pola súa cantidade de mutacións e a súa maior transmisibilidade Ademais, A Revista estará hoxe co novísimo emprendedor lucense que en só catro anos levantou unha franquicia con máis de 300 lavanderías autoservizo e contará coa presenza de Adrián Díaz, presentador do novo programa da TVG Comando G, que chegará proximamente ás pantallas.

Finalmente, como cada luns, o espazo presentado por Loly Gómez desenvolverá a súa habitual mesa de sucesos, que contará nesta ocasión coa participación da xornalista Patricia Abet e do avogado Evaristo Nogueira.

g2
Máis contidos na galega

··· A conversa e a reflexión volven este luns á noite na TVG cunha nova entrega do programa ‘As Luces’, presentado por Xosé Carlos Caneiro. Nesta ocasión dialogarán fronte a fronte, a poeta Iolanda Castaño, e o actor Luís Iglesia.

··· O programa ‘Zigzag’ recibirá a visita de Roi Grobas, codirector do Fanzine Fest, entre outras sorpresas.

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.