Trece obras competirán nos Premios María Casares
Aspiran a un dos catorce galardóns que se entregan a finais deste verán en A Coruña
Santiago. Un total de 13 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.Así se coñeceu na presentación de finalistas que tivo lugar onte en Santiago.
A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de oito finalistas.
Pola súa banda, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, rexistra cinco finalistas en cinco categorías. Ademais, a obra 32m2, de ButacaZero, acada tamén 5 finalistas en cinco categorías diferentes.
Por outra parte Micropectivas dun marica millennial, de Incendiaria, tamén conta con finalistas en 4 categorías
Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, conseguen un total de 4 finalistas en varios espectáculos, e O Premio, de La Quintana Teatro, tamén rexistrou un total de 4 finalistas. Ademais, O mozo da última fila, de Redrum Teatro, acada tres finalistas en dúas categorías onde repite.
Por último,5 acadan un finalista: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area, A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico, O libro da selva, de Teatro Avento Producións , Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón e Ris Ras, de Baobab . REDACCIÓN