Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Tributo a María Casares no centenario da artista

A súa pegada histórica lembrarase con propostas no ámbito dixital, editorial, escénico e audiovisual

Con motivo do centenario de María Casares e para dar visibilidade ao legado da artista tanto dentro como fóra da Comunidade, a Xunta de Galicia impulsará en 2022 unha programación extensa e descentralizada a través de propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes.

Así o explicou este venres o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na presentación da programación que, como indicou, foi posible grazas á implicación e compromiso de diferentes entidades e institucións de distintos territorios, como a Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de España en Francia, o Instituto Cervantes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Edicións Xerais, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), entre outras.

O titular de Cultura da Xunta salientou a necesidade de poñer en marcha unha programación como esta para dar resposta á “débeda histórica que temos con esta artista universal que foi, ademais, unha das grandes imaxes do teatro galego, español e europeo”. Puxo de manifesto a súa capacidade para poñer en marcha “unha escola interpretativa propia que abriu oportunidades para moitas mulleres da súa época” e valorou o seu traballo por apoiar aos novos creadores e producións trangresoras.

Por iso, a Xunta, en colaboración con distintas entidades impulsan unha programación “o máis ambiciosa posible, diversificada e plural” para darlle á artista “a visibilidade que merece”.

proxección fóra de galicia. Neste sentido, a programación prevista estenderase máis alá de Galicia. Así, actualizarase a pegada da actriz coruñesa ante o público francés, a través dun proxecto en colaboración coa Embaixada de España en París e o Instituto Cervantes que incluirá unha mesa redonda, unha lectura escénica de fragmentos da actriz e unha mostra fotográfica no Instituto de Cervantes de Marceau e Quentin Bauchart (Francia). Ademais, o festival de Inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do Cambio, dedicará a súa oitava edición a María Casares e presentará unha peza de nova creación inspirada nela e interpretada por mulleres.

20 nov 2021 / 19:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.