Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Últimos días para presentar traballos candidatos á corenta edición do Premio de novela Blanco Amor

CERTAME O vindeiro 14 de setembro remata o prazo para presentar traballos para a XL edición do Premio de novela Blanco-Amor, que organizan a Deputación de Ourense e a Fundación Blanco-Amor.

O galardón, dotado con 15.000 euros, é o máis veterano e de maior prestixio da novelística en galego, xa que cumpre 40 anos de existencia ininterrompida.

Poderán participar no premio as persoas de calquera nacionalidade con novelas escritas en lingua galega e na normativa vixente.

As obras deberán ser inéditas, non premiadas en ningún outro certame, nin publicadas ou rexistradas.

Irán acompañadas dun sobre pechado coa correspondente plica e enviadas por correo postal a: “XL Premio de novela Eduardo Blanco-Amor”. Deputación de Ourense (rúa do Progreso, 32. 32003-Ourense).

No interior irán a obra baixo lema, en dous formatos (un exemplar en papel e outro nunha memoria USB cun único arquivo en pdf), e un sobre pechado no que figurará o lema da obra, e no seu interior nome e apelidos do autor, fotocopia do DNI, datos de contacto e título definitivo da obra.

A concesión deste galardón obriga á publicación da novela por parte dunha editorial que libremente escolla a persoa gañadora.

A Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor nomearán unha comisión lectora que levará a cabo unha puntuación dos orixinais presentados, con tres persoas de acreditada experiencia no ámbito literario, que lle presentarán ao xurado a súa puntuación. Este, nomeado pola deputación e a fundación, levará a cabo a súa deliberación na segunda quincena de novembro, e a entrega do premio terá lugar nun acto organizado pola Fundación Eduardo Blanco-Amor o 1 de decembro.

As bases completas poden consultarse na web da Deputación de Ourense: www.depourense.es. ecg

03 sep 2021 / 16:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.