Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

Un abecedario de animais divertido

Dentro dos álbums, hai unha liña temática produtiva que segue a tradición dos abecedarios, cuxa finalidade é a aprendizaxe das letras, e que agora se modernizan cunha ollada lúdica. É o caso de Animalfabeto (2021), de Eva Mejuto, ilustrado por Nuria Díaz, publicado por Triqueta Verde para o lectorado menor de catro anos, que presenta con texto poético a descrición dunha galería de bechos atrevidos, divertidos, aventureiros, viaxeiros e coloridos para aprender cada unha das letras.

Facendo uso de recursos literarios, fónicos e rítmicos da tradición oral, apropiados para a infancia, os animais preparan as cousas que precisan para a viaxe, relacionadas coa letra traballada. No final, descóbrese que é unha nova versión da historia bíblica da Arca de Noé. Cada animal configúrase nas ilustracións a partir da forma da letra correspondente, xogando no texto coa cor da tipografía para marcar dita letra.

m.fboo@udc.es

16 may 2022 / 00:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.