Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un anaco de Galicia a través da historia do arte

Unha pioneira no eido artístico foi a galega Carmen Babiano Méndez-Núñez (1852 - Pontevedra, 1914), que comezou de moi nova a asistir a clases de pintura -algo propiciado pola posición da súa familia, unha das máis prestixiosas de Pontevedra . Un dos sues primeiros profesores foi, de feito, o pintor catalán Ramón Vives. Entre exposicións e certámenes, creou a súa obra máis premiada: As Pitas, actualmente no Museo de Pontevedra.

Carmen Babiano viu, con todo, como a súa carreira profesional non chegou nunca a despegar e, a pesar da súa impoluta técnica realista, non deixou de ser unha aficción . Cando casa co que chegaría a ser o alcalde de Pontevedra, retírase do eido artístico - polo menos no ámbito público-. Con todo, segue sendo unha persoa moi activa, con grandes inquedanzas pola cultura, que continuaría organizando certámenes literarios, musicais e calquera excusa que reunise aos persoeiros do panorama artístico galego.

Unha das referentes da xeración do 27 foi, innegablemente a viveirense de nacemento Maruja Mallo (Viveiro, 1902 - Madrid, 1996), de nome real Ana María Gómez González. Trátase dunha das grandes artistas galegas e do país, que non precisa maior presentación.

Ela foi protagonista de momentos tan icónicos da historia do noso país como o movemento das Sinsombreiro, que comezou nun acto de rebeldía na Porta do Sol con ela, Margarita Manso, Dalí e Lorca quitando esta prenda en público, nun acto de crítica social contra a moralidade da época.

Coma moitos dos persoeiros trasgesores da súa época, Mallo tivo que fuxir do país unha vez caeu a República, e pasou un cuarto de século exiliada ata que, nos anos 60, voltou a España. Unha muller que foi a perfecta definición de estar ‘adiantada ao seu tempo’, que a día de hoxe continúa sendo unha icona da rebeldía e progresismo, que deixou un legado eterno coas súas obras.

Unha das pintoras meños coñecidas da Xeración de 1916, tristemente, é María del Carmen Corredoira Ruiz de Baro (1893 - 1970), ou María Corredoyra, o seu nome artístico. Esta coruñesa de nacemento, que xa dende ben cativa amosaba inquedanzas e facilidades para a pintura, converteuse nun expoñente indiscutible do realismo na comunidade, cunha técnica insuperable e gran intimismo. Os anos 20 foron o seu momento de maior éxito, facendo a súa primeira exposición individual, pero coa chegada da Guerra Civil cesa a súa actividade, que reanudaría ao final do conflicto.

Tal foi o seu impacto no panorama artístico da época que ao longo da súa vida recibiu numerosas distincións, como a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago, o seu ingreso na Real Academia das Belas Artes da Coruña ou tamén no Seminario de Estudos Galegos poucos anos máis tarde. As súas obras pódense ver en diferentes museos da comunidade, como o Provincial de Lugo ou o de Vigo.

O estilo irreverente desta ourensana de nacemento, definido en moitas ocasións como naif, faría que se convertese nunha das artistas máis comentadas do momento. Ana Legido Soto (Ourense, 1939 - Baiona, Pontevedra, 2012) dedicaría toda a súa vida ao arte, compaxinándoo coa súa profesión de docente de plástica.

Como a gran maioría das mulleres desta peza, Ana atoparía no arte unha paisón sendo moi pequena. De feito, tentaría estudar na Real Academia de Belas Artes, en Madrid, pero a solvencia económica da súa familia non o faría posible. Con todo, a súa obra non precisaba mellora, e hoxe en día a súa técnica é recoñecida polos trazos minuciosos e os detalles infinitos.

As súas pezas téñense empregado en portadas de catálogos e cartaces en París, e alén de estar exposta tanto en España coma no estranxeiro (Francia, Portugal, Italia...), tamén forman parte de grandes coleccións privadas. En 1981, esta muller foi escollida representante da pintura galega.

23 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.