Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un ano na Silveira de Kiko da Silva contado polo seu autor

O 25 de xullo de 2019, foi a data que escollín para publicar a miña primeira viñeta en EL CORREO GALLEGO. Facíao no día Patria/Matria Galega, criticando a perda de galego-

falantes, e a precariedade laboral ao que está abocada moita da xuventude a pesar de ter moitos deles estudos universitarios.

Tras case 17 anos facendo humor gráfico diario, EL CORREO brindoume a oportunidade de facer humor gráfico tal e como eu cría que podía facelo. Creei A Silveira, especialmente para a páxina 2 do xornal, cun formato cadrado e cunha tonalidade amarela en homenaxe as viñetas de Castelao. Pouco a pouco a sección foi collendo forma por si mesma e evoluíu hacia un acabado máis pictórico e un debuxo máis realista. Pero as homenaxes ao mestre Castelao e á retranca galega, seguen a ser unha constante.

Foi un ano intenso, por primeira vez vía unha viñeta miña na portada de ECG, e non só unha vez senon dúas, xa que tiven o privilexio de facer a capa do histórico número 50.000. Pero tamén foi un ano marcado pola pandemia da covid-19 que estamos a sufrir, nunca fixen tantas viñetas seguidas dun mesmo tema, 135 viñetas actualmente.

Fixen unha selección de 9 viñetas que resumen as 363 publicadas, para facer unha panorámica do que supuxo este ano publicando diariamente con total liberdade, algo pouco habitual hoxe en día na prensa escrita.

Agradezo a esta Casa a confianza no meu traballo e aos lectores e lectoras que compartades por redes sociais as miñas viñetas todos os días. Eu xa teño o lapis preparado para facer medrar A Silveira moitos anos máis, se o 2020 me deixa.

26 jul 2020 / 00:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito