Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un artesán e unha cultivadora de flores, en ‘Cos pés na terra’

O programa da TVG visitará tamén un home que apostou pola variedade e que ten nogueiras, ovellas galegas e vacas cachenas

O programa Cos pés na terra ten hoxe unha cita con Rodrigo, un artesán a quen non lle falta de nada e que está tan afeito a traballar con diferentes materiais como a obter pezas ben bonitas e cheas de luz.

O espazo da TVG visitará tamén a Manuel, un home que decidiu que na variedade estaba o seu proxecto. Manuel ten nogueiras, ovellas galegas e vacas cachenas, unhas vacas ás que lles encantan as patacas de Xinzo.

O programa desta semana deterase tamén a cheirar as flores que cultiva Vicky. Con ela, os espectadores descubrirán unha gran variedade e tamén que un encargo de voda é unha cousa seria.

A revista conversa hoxe sobre unha recoñecida aplicación de Política Social, deseñada para coidar as persoas maiores que viven soas e que, a través dunha pulseira, permite controlar a súa medicación, os pasos, as citas médicas ou a xeolocalización, entre outras funcións, con Fernando G. Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, e con Manuela Barbeito, usuaria dunha destas pulseiras.

Factura da luz errónea. Por outra parte, o secretario xeral da Asociación Consumo Galicia, Miguel López, regresa ao magazine matinal para explicar xunto con Amanda Villar, como foi a reclamación que tivo que levar a cabo Amanda xunto a súa parella ante a compañía enerxética Naturgy para facer fronte a unha factura da luz errónea en que se lles reclamaba o pago duns sete mil euros, e que non lles correspondía a eles.

Ademais, a sección TVG de A revista contará este luns coa presenza da xornalista Tania Fernández, directora e presentadora do programa de cinema Clac da Galega, para avanzar algúns dos títulos destacados do noso cine que está previsto que se proxecten dentro da programación da canle pública autonómica nas próximas semanas.

E finalmente, na súa habitual sección de sucesos, estarán na mesa do programa a xornalista Patricia Abet e o avogado Alejandro Vega para analizar a actualidade máis recente acontecida ao longo destes últimos días.

‘Zig zag’ na G2. O espazo da segunda canle do ente público recibe hoxe no estudio o cineasta Marcos Nine, que acaba de estrear o filme A virxe roxa, en que recupera a historia de Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart.

Trátase dun documental experimental, que achega luz sobre un pasado tan escuro como pouco coñecido, que se exhibiu na última edición da Seminci de Valladolid e foi a cinta inaugural da sexta edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra.

Falarase tamén no programa cultural sobre literatura, co libro Unha nova olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, obra do escritor vilalbés Antón Baamonde, así como da exposición que Pierre Audovin ten aberta ao público na galería Trinta eda capital aberta.

Por outra parte, na edición de hoxe, Marta Gómez achegará aos espectadores deste espazo os novos traballos musicais dos artistas Liska, Udra e Javier Miranda.

24 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.