Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un camiño de ida e volta: ‘Ensino e a Literatura’

Benvido de novo un monográfico que achega reflexións para os mediadores docentes, sobre todo, e para calquera interesado. Trátase de Educar en feminino. María Victoria Moreno e Nosoutras. Ensino e Literatura. Un camiño de ida e volta, coordinado por Eulalia Agrelo e Carmen Ferreira, publicado por Hércules de Ediciones na colección “Bibliodidáctica” e o Servizo de Publicacións da USC. Como consta no paratexto titular trátase de “un camiño de ida e volta” xa que as coordinadoras son acompañadas por un grupo de mulleres que, recordando o facer docente, investigador e creador de María Victoria Moreno, unha das pioneiras da LIX, pretenden axudar a saber máis e entender mellor a LIX e a súa relación con outras artes. Unha monografía producida en plena pandemia que achega elementos novidosos para re(visitar) as artes plásticas, o cinema, o cómic ou BD, entre outras reflexións sobre literatura strictu sensu.

anxelarodriguez@hotmail.com

11 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito