Un estudo da USC traza o percorrido dun machado único
Data do Neolítico e viaxou dende o Piamonte italiano ata á parroquia vilalbesa de Vilapedre
Hai máis de 6.000 anos fabricouse un machado a partir dunha rocha verdosa do Piamonte italiano dos Alpes. De man en man, esta peza acabou chegando á Bretaña, rexión na que foi modificada ao practicarlle unha perforación. Talvez encarando os perigos dunha travesía marítima, o machado arribou ao norte de Galicia.
Esta é a conclusión á que chega o artigo que acaba de publicarse na revista Journal of Lithic Studies da Universidade de Edimburgo e que amosa (a través de análises mineralóxicas e elementais) como foi o percorrido deste exemplar puído descuberto a finais do século XIX nun punto indeterminado da parroquia lucense de Vilapedre, pertencente ao concello de Vilalba (Lugo).
Este machado trátase da única peza destas características atopada ata o de agora en toda a Península Ibérica.
traballando dESDE A CAPITAL DE GALICIA A investigación, asinada polos investigadores da USC Óscar Lantes, Ramón Fábregas e Arturo de Lombera, así como por autores da Universidade Nova de Lisboa e do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) de Francia, describe o resultado das análises mineralóxicas (difracción de Raios X) e elementais (microscopía electrónica de barrido– espectroscopía de Raios X por enerxía dispersiva) realizadas tanto sobre o machado de Vilapedre como sobre diversas mostras de xadeíta e outras pedras verdes procedentes de diversos puntos dos Alpes italianos, onde estas materias primas foron explotadas durante o Neolítico (V-IV Milenios a.C.).
O obxectivo consistía, precisamente, en servir de soporte para a manufactura de machados puídos que logo circularon por toda Europa, fundamentalmente entre o 5000 e o 3000 a.C.
Os resultados destas análises confirman que a rocha verde na que está fabricada
a peza atopada en Vilape-
dre, trátase dunha xadeíta que moi probablemente vi-ña das inmediacións do curso alto do río Po ao seu pa-
so por Revello, no Piamon-
te italiano, confirmando así as impresións de diversos especialistas feitas a partir da análise superficial desta importante peza ao longo
dos últimos cincuenta anos.
Porén, resulta moi probable que a devandita peza non viaxase directamente dende os Alpes ata Galicia.
“O machado de Vilapedre foi transportado orixinalmente á Bretaña francesa, onde tería sido remodelado seguindo os gustos locais: puíndoo ata dotar á súa superficie dun brillo especular e sendo perforado na súa parte proximal ou talón, probablemente para ser empregado como adorno destinado a lucir pendurado no peito dalgún individuo prominente”, explica o profesor Ramón Fábregas, membro da USC, entidade onde da clases de Historia (area: Prehistoria)
Dende a Bretaña viaxaría posteriormente ata o norte da provincia de Lugo, probablemente por mar, tal e como suxire a ausencia deste tipo de machados perforados noutras áreas ao sur do val do Río Garona.
a orixe exacta continúa sendo incógnita. Aínda que a orixe exacta desta peza dentro da parroquia de Vilapedre continúa sendo unha grande incógnita, a revisión dos arquivos persoais do seu descubridor, o historiador vilalbés falecido en 1909, Manuel Mato Vizoso, suxire que o machado podería proceder dalgún dos túmulos existentes na parroquia homónima, como os que conforman a necrópole da Bouza ou Veiga da Garea.
Os resultados deste traballo, realizado no marco do proxecto ‘JADE 2: Objets-signes et interprétations sociales des jades alpins dans l’Europe néolithique, 2013-2016’ (ANR-12-BSH3-0005-01. Agence Nationale de la Recherche), constitúen unha proba máis da existencia de conexións e da circulación de obxectos entre dúas das principais Fisterras atlánticas, Galicia e Bretaña, dende polo menos o V ou IV milenio a.C.
Este tipo de traballos amosa a calidade de moitas das investigacións que fan membros da Universidade de santiago en moi diferentes disciplinas, mesmo no eido da ciencia como das artes.