Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un Hub para apoiar á industria cultural

A iniciativa da Xunta, dotada con 9,6 millóns de euros ata o 2023, exercerá de polo dinamizador

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, expresou este martes o compromiso do Goberno galego coas industrias culturais a través da posta en marcha do Hub Audiovisual da Industria Cultural, unha iniciativa de apoio “sen precedentes” para “acelerar” o seu desenvolvemento e “garantir un chan de estabilidade” para os profesionais deste eido. Así o sinalou na presentación da vixésimo sexta edición do Festival de Cine de Ourense, OUFF.

Logo do momento “de esplendor creativo e de madurez” acadado polos creadores audiovisuais galegos nos últimos anos, Román Rodríguez expresou que agora cómpre dar “un salto de calidade extra” que contará con todo o apoio da Xunta de Galicia en tres eixos de actuación: desenvolver o potencial competitivo, reforzar a creación de emprego tanto nas industrias creativas como nas auxiliares e xerar un efecto tractor que converta a Galicia en referente da produción audiovisual.

Neste obxectivo a Xunta vén de deseñar unha ferramenta específica, o Hub Audiovisual, dotado con orzamento de 9,6M€ ata 2023 a través de fondos europeos, e do cal xa se materializou a primeira das convocatorias, con 2M€ para a atracción de rodaxes.

Segundo explicou Román Rodríguez, trátase dunha “aposta clara” pola industrialización e a modernización dun sector que en Galicia dá traballo a máis de 2.000 persoas e xera ingresos por máis de 127M€. “Un impacto que medra cada día máis e que adquire protagonismo por dereito propio no desenvolvemento económico da comunidade” abondou.

Un dos exemplos de calidade e bo facer é precisamente o OUFF de Ourense (que comeza este venres), un proxecto que naceu en 1996 da man de Eloy Lozano e que hoxe está consolidado como o certame internacional de carácter competitivo máis lonxevo de Galicia e plataforma de descubrimento de creadores punteiros tanto na escena galega como na internacional.

22 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.