Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un libro homenaxea a Xaquín Lorenzo, ‘Xocas’

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, entregou onte ao alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias Álvarez, un exemplar do volume Xocas revisitado. Lembranza de Xaquín Lorenzo Fernández.

O libro foi editado polo Museo do Pobo Galego co patrocinio do Parlamento de Galicia e recompila, ademais de outros traballos adicionais, os contidos da sesión académicacelebrada o 18 de xullo de 2019 en Ourense, coincidindo co trinta a aniversario do pasamento de Xaquín Lorenzo.

No acto de entrega deste volume participaron tamén a vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, e mailo director do devandito centro museístico compostelán, Manuel Vilar.

A entrega do libro ao Concello de Lobeira obedece aos vínculos de Xaquín Lorenzo con este municipio, xa que pasou parte da súa infancia na casa familiar de Facós, na que faleceu o 18 de xullo do ano 1989.

Ademais, a entrega formal do libro tivo lugar na mesma data na que se celebra a Romaría do Viso, a máis populosa da Baixa Limia e que foi obxecto de estudo por parte do etnógrafo de Lobeira.

O libro será presentado oficialmente nun acto o vindeiro mércores, na sede do Museo do Pobo Galego.

24 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.