Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un microscopio único no mundo será designado BIC pola Xunta

Emblemático e singular, conta con máis de 350 anos e estará dispoñible para os estudos de investigadores oficiais e para o público xeral en exposicións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a incoación do procedemento para declarar Ben de Interese Cultural un microscopio naturalista de Antony Van Leeuwenhoek, unha peza emblemática e única en España que permitiu ao seu creador sentar as bases da bacterioloxía e protozooloxía, e que se atopa en Galicia nunha colección dun particular. Coa incoación deste expediente, a Xunta salvagarda por primeira vez de xeito patrimonial un instrumento científico.

A incoación realízase a petición da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte para protexer esta peza singular, creada a finais do século XVII por Antony Van Leeuwenhoek, un holandés considerado o pai da microbioloxía e parasitoloxía que foi un dos primeiros en observar os microorganismos para o que utilizaba microscopios de deseño propio. O informe xustifica o carácter excepcional desta peza para a historia da ciencia.

O microscopio foi descuberto no ano 2014 na dragaxe de lodos dunha canle da cidade de Delft onde o científico viviu toda a súa vida e foi adquirido posteriormente polo seu actual propietario residente en Galicia, o doutor Tomás Camacho, director médico do laboratorio LemaBandín do Grupo Vithas. A adquisición realizouse por medio dunha plataforma dixital a través dun vendedor de antigüidades que o ofrecía como parte dun lote de instrumentos de pintura. O doutor vigués era coñecedor do valor desta peza emblemática dado que é un dos principais coleccionistas privados de microscopios dos séculos XVII ao XIX en España. Ao darse de conta do seu valor único decidiu puxar. Tralo proceso de compra, o vendedor e primer propietario ao ver o interese do artigo intentou retiralo co fin de conseguir un prezo maior por el. Con todo, e tras un proceso xudicial, o artigo mantívose como propiedade do doutor Tomás Camaño. Unha vez que o tivo no seu poder, iniciouse o proceso de autenticación a través da Royal Society da Universidade de Cambridge.

Este exemplar é o único microscopio orixinal de Leeuwenhoek que se coñece en España, dos nove que se conservan en todo o mundo e dos máis de 500 que se cree que chegou a construir. É o irmán xemelgo do que existe no Museo Boerhaave de Leiden, ben que ten un aumento maior e, como aquel, presenta unha característica única: tres buratos no parafuso. O resto dos microscopios localízanse fundamentalmente no país de orixe do naturalista, cuxas investigacións se consideran a orixe da microbioloxía e o desenvolvemento do microscopio. Ademais da súa exlusividade é o primeiro microscopio creado por Van Leeuwenhoek, autentificado o queo fai moito máis singular e especial.

A designación BIC desta peza implica a súa máxima protección e tutela. A partir de agora, todas as intervencións que se pretendan realizar terán que ser autorizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e os seus propietarios deberán conservalo e manternerlo debidamente para evitar a súa perda ou deterioración. Ademáis, a súa declaración como Ben de Interese Cultural de Galicia permite facilitar o acceso á peza por parte de investigadores oficiais que a requiren para os seus estudos.

A incoación do expediente supón aplicar de forma inmediata e provisoria, ata a súa aprobación definitiva nun prazo máximo de dous anos seguindo a lexislación, a protección integral da peza. Ademais, no expediente valórase a súa importancia científica e cultural e a súa achega ao avance para a ciencia xa que posibilita o progreso de moitas disciplinas científicas ao facilitar a identificación das estruturas básicas da materia. Este microscopio emblemático únese aos máis de 700 Bens de Interese Cultural cos que conta a comunidade galega.

14 jun 2021 / 16:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.