Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un novo número da clásica revista científica ‘Elos’

Pódese ler e descargar, desde o portal da USC, o número 7 (2020) de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil. O volume acolle catro interesantes traballos na sección Artigos, que analizan as reescritas do conto marabilloso na LIX galega, o diálogo interartes entre o álbum e o cine, os estereotipos de xénero e as traducións ao galego do clásico Alicia no País das Marabillas.

Na sección Notas aténdese ao tratamento dos conflitos bélicos nas obras infantís Cuando Hitler robó el conejo rosa e La luna en los almendros; compárase a presenza da temática da guerra civil nas novelas Cardume e Noite de Voraces Sombras; a representación interxeracional en dúas obras de Manuela Bacelar e Catarina Sobral; e as recreacións en libro-xogo do conto Cinsenta en portugués.

Mentres que en Recensións se comentan catro monografías. Animamos aos investigadores a enviar os seus traballos para o número 8 (2021).

rociogpedreira@gmail.com

25 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito