Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un OUFF repleto de éxitos despídese coa vista posta na vindeira edición, a de 2022

Manuel Baltar: “A valoración non pode ser máis positiva. O programa cumpriuse na súa totalidade”

Ourense. O domingo rematou a 26 edición do OUFF (Ourense Film Festival) e onte tocaba, como xa é habitual, facer balance de todo o que trouxeron consigo estes 10 días de cine. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co director do festival, Miguel Anxo Fernández, e a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte, foron os encargados de analizar esta edición que onte chegaba a súa fin.

Unha edición en positivo

“A valoración non pode ser máis positiva en tódolos aspectos. O programa cumpriuse na súa totalidade, o que pon en maiúsculas o traballo organizativo notabilísimo do equipo do festival. E non digo sobresaínte porque hai que deixar algo para a edición próxima” afirmou o presidente da Deputación.

“Tódolos ollos do sector audiovisual estiveron en Ourense e todos miraron para aquí, xa non só durante os días do festival, senón con mirada de futuro. Especialmente coa promoción de Ourense como centro de negocio e tamén como plató de cine”, comentou Manuel Baltar.

Miguel Anxo Fernández destacou que “a organización dun festival é cousa dun equipo. Nunca sobra repetilo. É raro e complicado que saia todo á perfección pero funcionou todo como un reloxo, o que me mete algo de medo para ver como superamos isto en 2022”. Tamén falou de que “o impacto mediático foi extraordinario. Falouse moito do OUFF e chegamos a lugares onde nunca chegaramos antes, o que tamén é fundamental para cimentar a imaxe do OUFF como festival de Galicia”. Finalizou agradecendo a todos a súa colaboración, especialmente das institucións, equipo e medios, e “desexando ter no 2022 un grandísimo festival de cine”.

Carmen Leyte sinalou que debemos “sentirnos orgullosos de que o festival se consolide ademais de que medre e se internacionalice. A Fundación está sempre en defensa do audiovisual e, en especial, deste Ourense Film Festival que temos que facer máis grande entre todos”.

Esta 26 edición do OUFF tamén destacou por converter a cidade nun lugar de encontro, debate e negocio para todo o sector audiovisual galego, o que pon de relevo o bo camiño para seguir sendo o festival de cine de toda Galicia. Moitas reunións se celebraron estes días, das que algunhas porán sobre a mesa proxectos audiovisuais que moi pronto coñeceremos relacionados coa provincia de Ourense.

AS CIFRAS DO 26 OUFF. Nada mellor que os números para darnos unha idea real do que sucedeu nestes días. O OUFF contaba nesta 26 edición cunha programación composta por 93 proxeccións, 71 películas e 24 países participantes. Conseguiuse executar o 100% do que estaba previsto. Un dos datos que máis cabe destacar é o do público; sen eles, o festival non tería xeito.

A pesar das restricións inda vixentes pola covid-19, rexistrouse un gran número de espectadores que chegou a superar os da edición de 2018, previa a pandemia. Participaron no conxunto de actividades do festival nesta 26 edición, máis de 9.300 persoas, das que 6.150 foron espectadores que acudiron ás proxeccións celebradas no Teatro Principal, no Cineclube Padre Feijoo e nos Galicine. As entradas esgotáronse na maior parte das sesións e notouse un incremento de público mozo.

Ademais, o público implicouse como nunca e participaron nas votacións de Sección Oficial un 87,80% das persoas que asistiron ás proxeccións. E algo inda mellor, a súa valoración foi moi notoria. As películas da Sección Oficial conseguiron unha nota media de 3,8 sobre 5. Destaca aquí o sobresaínte de Mediterráneo, Premio do Público, cun indiscutible 4,64 sobre 5.

No apartado de comunicación, tanto a web do OUFF (cun incremento do tráfico web do 45% respecto ao ano anterior) como as redes sociais (con máis de 1200 publicacións e 15.000 interaccións nos últimos tres meses ademais dunha importante suba na cifra de seguidores) notaron o incremento do interese do público e serviron de vía de comunicación directa cos espectadores ourensáns e de toda Galicia.

A visibilidade en medios de comunicación tamén se incrementou como nunca. Ademais da cobertura dos medios locais, que fan un labor imprescindible co seu seguimento diario, conseguiuse difusión de novas relacionadas co 26 OUFF en medios estatais como as canles de Mediaset, Atresmedia, Expocultur, Traveler, Woman ou InStyle, entre moitas outras. Atendéronse consultas, entrevistas, reportaxes e presentacións de máis de 50 medios, entre locais, estatais e internacionais.

E xa temos datas para a 27 edición: vémonos de novo do 23 de setembro ao 2 de outubro de 2022! redacción

Presentación hoy de la nueva edición de Mobile Week Ourense

Santiago. El salón de actos de la Diputación de Ourense acogerá este martes la presentación de la Mobile Week Ourense 2021, evento donde se darán cita marcas y expertos en las nuevas tecnologías que, a través de actividades públicas y gratuitas, acercarán a la ciudadanía las últimas innovaciones tecnológicas. En la presentación intervendrán José Manuel Baltar, presidente de la Diputación; Carlos Grau, CEO del Mobile World Capital y Mariano Gómez Ulla, presidente de la asociación empresarial Red Mundo Atlántico, impulsora de que la provincia acoja esta importante iniciativa. Mobile Week Ourense es una iniciativa de Mobile World Capital Barcelona organizada por la diputación de Ourense y la asociación Red Mundo Atlántico. La Mobile Week es una iniciativa propulsada por Mobile World Capital Barcelona. ECG

04 oct 2021 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.