Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Un percorrido pola historia da ría de Muros e Noia, na TVG

‘Desmontando Galicia’ inicia unha andaina a través da herdanza do castro de Baroña// Os perigos dos raios UVA, en ‘A revista’

Desmontando Galicia chega esta semana á ría de Muros e Noia para facer un percorrido pola súa historia. A viaxe comezará coñecendo a herdanza deixada polos primeiros habitantes no castro de Baroña. O programa porá en marcha a máquina do tempo para descubrir a forma de vida neste asentamento da Idade do Ferro.

O percorrido continuará na vila de Noia, que no século XV viviu a súa etapa de máxima prosperidade deixando auténticas xoias arquitectónicas tanto de carácter relixioso como civí¡l, ademais de un marcado carácter mariñeiro co que aínda se convive. En M
uros, os espectadores coñecerán unha magnífica obra de enxeñería do século XIX como é o muíño de marea do Pozo Cachón, ademáis do auxe xurdido en relación á industria conserveira en Galicia, onde se fará tamén unha visita á fábrica de Sel.

Todo isto, seguindo as formas e os modos de Desmontando Galicia, sen deixar unha pedra no seu sitio para descubrir da man de Diana Nogueira, Isabel Blanco e Quique Morales todo o que ten que contar unha das rías atlánticas máis ricas e fértiles da nosa comunidade.

‘A Revista’ fala de saúde. A revista fala hoxe sobre os graves riscos que trae consigo o uso de cabinas de bronceado coa dermatóloga Sandra Mateo. Segundo os expertos e a Organización Mundial da Saúde (OMS), as máquinas de raios UVA artificiais son un factor causante do cancro de pel e, de feito, case a metade dos tumores tipo melanoma créese que poden deberse ao uso das cabinas de bronceado artificial.

Seguindo cun tema relativo á nosa saúde, o magazine recibirá no estudio á catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González. A docente, que acaba de publicar ‘Inmuno Power’, achegará algunhas das claves do seu libro, en que explica dun xeito doado, dirixido a todos os públicos, o funcionamento do sistema inmune.

Na sección sobre a programación da TVG, asistirá hoxe ao programa Isabel Villanueva, nova colaboradora do programa de cociña ‘Estache bo’ e, coma cada luns, ‘A Revista’ ofrecerá a sección sobre sucesos, na compaña do avogado Evaristo Nogueira e a xornalista Patricia Abet, onde comentarán as novas máis salientables dos últimos días.

18 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito