Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
15:46
h

Unha feliz viaxe pola vida

    Slogan escollido por Autismo Europa para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA) 2022, que celebramos cadanseu 2 de abril. A Confederación Autismo España (AE) e a Federación Autismo Galicia (AG), comparten esta campaña que leva consigo o dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), e as súas familias para vivir unha vida feliz.

    Detectar os apios que as persoas con TEA necesitan, será a labor primordial das traballadoras nos centros educativos, de formación, de día e residenciais en permanente contacto social e complicidade coas súas familias e amigas. A calidade de vida e a inclusión das persoas con TEA, só será posible en función do dereito a formación, traballo e o emprego en función as súas capacidades.

    Tal como sinalan Autismo España e Autismo Galicia: “Para garantir a calidade de vida das persoas con TEA, fundamentalmente as mais necesitadas de apoio, só será posible si contamos cunha rede de servizos específicos e especializados: diagnóstico precoz, atención temperá, educación, formación profesional e emprego, envellecemento activo e o respecto a diversidade, adaptados en función da etapa do desenvolvemento na que se atopen, así como das experiencias que fosen adquirindo ao longo da súa vida. Ademais, debemos ter en conta que o TEA non impacta só en quen o presenta, senón tamén na súa familia. Sendo a familia a fonte de apoio principal para as persoas con autismo, é indispensable atender as súas necesidades, contribuíndo así a garantir o seu benestar emocional, e poidan participar activamente na sociedade en igualdade de oportunidades e como membros de pleno dereito.

    Gozar dunha vida feliz e dunha boa calidade de vida, son os obxectivos aos que aspiran as persoas con TEA, e as súas familias, en complicidade cos profesionais (educadoras / coidadoras) que os acompañan no día a día. Tódalas persoas precisamos de apoios, acompañamento e coidados, que se fan máis evidentes e necesarios, cando se presentan dificultades, unhas de forma prematura e outras ao longo da vida como consecuencia de problemas de saúde, educativos, sociais ou laborais.

    Facer visibles desde as idades máis temperás as persoas con TEA, é unha tarefa indispensable de cara a búsqueda das axudas que necesitan, e os cambios ou adaptacións que esperan da sociedade, en función da súa propia autodeterminación e respecto a diversidade: Nihil de nobis, sine nobis (Nada sobre nós sen nós / Nada sobre nosoutros. Sen nosoutros) Exclaman as persoas con TEA!

    As entidades membro de Autismo Galicia e o movemento asociativo do autismo en Galicia súmanse, neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, a esta campaña Dunha feliz viaxe pola vida.

    01 abr 2022 / 21:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.