Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha guía para afrontar o coidado en positivo dos doentes con demencia

Creada pola Área Sanitaria de Santiago- Barbanza, é unha ferramenta de consulta

Santiago. A xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, súmase á celebración do Día Mundial do Alzheimer e presenta a Guía de Apoio ao coidador de doentes con Demencias. Unha visión positiva, realizada polo Grupo Hospitalario Interdisciplinar de Apoio ao Coidador, da Unidade de Neuroloxía Cognitiva, do Servizo de Neuroloxía.

A guía está especialmente dirixida a coidadores de pacientes con demencias e o seu principal obxectivo é trasladar ás familias os beneficios que pode reportar exercer os labores de coidado. “Trátase dunha acción que marca o compromiso do servizo de Neuroloxía cos coidadores e pretende dar visibilidade ao seu labor”, subliña José Manuel Aldrey, responsable da Unidade de Neuroloxía Cognitiva, e engade que busca “redescubrir aos coidadores o privilexio de coidar e os efectos beneficiosos que pode ter afrontar adecuadamente esta tarefa”. Ao longo das súas 50 páxinas e nunha linguaxe sinxela e accesible, as familias poderán ter unha visión moi ilustrativa dos diferentes tipos de demencia, consellos para afrontar o coidado de maneira positiva, as ganancias e experiencias vinculadas ao coidado que poden resultar satisfactorias, ou a importancia do autocoidado. É en definitiva, unha ferramenta de consulta que xorde froito dunha necesidade detectada entre as familias á que o Servizo de Neuroloxía quixo dar cobertura e que puido facelo ao apoio da Fundación Paideia. ECG

20 sep 2021 / 21:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.