Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha lei de museos para impulsalos con novas tecnoloxías

Presenta a estas institucións como centros de cultura ao alcance de toda a sociedade, en condicións de igualdade e non discriminación

A nova lei de museos e outros centros museísticos de Galicia permitirá avanzar na accesibilidade universal, a igualdade e o impulso das novas tecnoloxías destas dotacións na Comunidade. Logo de superar o trámite de audiencia e información pública e de ter sido sometido aos informes preceptivos, o Consello da Xunta aprobou onte este proxecto de lei que agora será elevado á Cámara autonómica para o seu debate e tramitación.

No período de alegacións e informe da futura lei incluíronse melloras orientadas a integrar a perspectiva de xénero nestas dotacións, o respecto pola pluralidade e pola participación e colaboración dos diferentes axentes sociais, e por facer destes centros uns espazos plenamente accesibles. Deste xeito, esta regulación atende ás consideracións formuladas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e o Consello Económico e Social (CES) e presenta os museos como centros de cultura ao alcance de toda a sociedade, en condicións de igualdade e non discriminación, considerando ademais as necesidades dos colectivos con maiores dificultades de inclusión social.

Así mesmo, apóstase pola implementación das novas tecnoloxías nestas dotacións, co dobre obxectivo de facilitar o acceso da cidadanía ao patrimonio museístico, pero tamén co fin de introducir sistemas integrados de información, documentación e xestión que melloren o funcionamento dos centros museísticos.

PARTICIPACIÓN DIRECTA. A participación directa do sector realizouse a través dun grupo de traballo constituído o ano pasado, o que permitiu a participación na fase de redacción do texto de profesionais de recoñecido prestixio e serviu para tomar o pulso da situación e intereses do sector na nosa Comunidade, logrando así unha mellor orientación dos contidos.

A nova lei impulsada pola Xunta é un texto legal de marcado carácter técnico, que nace co obxectivo de estruturar o funcionamento interno das 93 institucións museísticas de rexistradas na Comunidade galega, nas que se inclúen centros de titularidade pública e privada. Ademais, a norma completará a articulación legal das institucións culturais de referencia.

Así pois, o obxectivo desta nova lei é impulsar os museos galegos, que recibiron o ano pasado máis de 1,5 millóns de visitantes, como activos de referencia no plano social, científico, educativo e económico.

Estrutura
Sistema galego de centros

··· Este texto legal inclúe a creación do Sistema galego de centros museísticos.

Trátase dun anovador sistema que será a estrutura organizativa e funcional de integración dos centros e redes museísticas de Galicia; concibido, dentro do máximo respecto á súa autonomía, para unha coordinación eficiente da xestión cultural e científica dos centros. Estará formado por o Consello de Centros Museísticos de Galicia.

25 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.