Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha mostra homenaxea a Xeración Nós no Museo do Pobo Galego

ARTE. O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia súmase á homenaxe ao Centenario da Xeración Nós, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a través da mostra Mar de libros, de Isabel Pintado, que se exhibe en San Domingos de Bonaval ata o vindeiro 6 de decembro.

“A Xeración Nós abriu un tempo novo para a lingua, para a literatura e para as artes galegas en xeral, un cambio perfectamente retratado nesta fantástica exposición que nos amosa a pintura en diálogo cos libros, coas palabras, coa poesía, coa literatura”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na súa intervención.

Participaron na inauguración, ademais do representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e do comisario da mostra, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, e mais o director do museo, Manuel Vilar.

A exposición, comisariada por Antón Castro, concédelle un protagonismo especial á pintura, cunha selección de obras onde o libro é o centro dos cadros que forman parte dos fondos da artista, así como de coleccións particulares de Galicia, Madrid e Portugal, entroutras procedencias. ECG

16 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.