Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha obra da USC foi galardoada por mellor coedición universitaria

nos últimos dez anos

Santiago. A Unión de Editoriais Universitarias galardou na XXIII edición dos seus Premios Nacionais de Edición Universitaria o libro Historia de la literatura ilustrada española del siglo XIX, coeditado pola USC e a Universidade de Cantabria. Esta publicación foi recoñecida co premio á mellor coedición interuniversitaria correspondente ao ano 2019. Con este, son oito os galardóns que a editorial universitaria recibe nos últimos dez anos.

Os premios decidíronse a través dunha reunión telemática na que se valoraron un total de 114 candidaturas correspondentes coas doce modalidades que integran a convocatoria. No transcurso da mesma, o xurado salientou que a coedición da USC e da Universidade de Cantabria, ademais de desenvolver “unha historia da literatura do século XIX, recolle a recepción desa literatura sen esquecer os aspectos paratextuais”, no que, a xuízo do xurado, é un “grande esforzo editorial”.

O director do Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan L. Blanco Valdés, quixo subliñar o seu “agradecemento ao catedrático de Literatura Española da USC, natural de Santander e moi vencellado á actividade cultural da súa terra, José Manuel González Herrán, pola proposta inicial do proxecto a este Servizo da USC e á directora de Publicacións da universidade cántabra, Belmar Gándara, polo ofrecemento de incorporar o selo da USC a unha obra de referencia, unha historia monumental da introdución da linguaxe gráfica na linguaxe literaria”. Por outra banda, segundo Blanco Valdés, “é un recoñecemento tamén á cooperación e o esforzo en atopar vías de colaboración, especialmente importantes en tempos tan duros como os que a universidade, no seu conxunto, está vivindo”.

O xurado do certame estivo integrado por Ernesto Pérez Zúñiga, xefe do departamento de actividades culturais do Instituto Cervantes; Manuel Rodríguez Rivero, crítico literario; Nuria Azancot, xefa de redacción de El Cultural de El Mundo; Laura Revuelta, redactora xefe de ABC Cultural; Iker Seisdedos, redactor xefe de Cultura e Babelia de El País, e Pampa García Molina, coordinadora do SINC. ecg

16 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
USC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.