Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Verán de lecturas coas novidades de Hércules Edicións

Son varias as novidades coas que Hércules de Ediciones encara este verán para o goce dos máis novos: Cores no mar, de Jenni Erkintalo; Sin rastro do gato, de Juha Virta e ilustracións de Marika Maijala, e As formiguiñas filandeiras, de Victoria García e ilustracións de Laura Cortés.

A primeira delas correspóndese cun relato rimado para primeiros lectores que descubrirán as cores primarias e os animais do mar protagonistas. A segunda é a segunda entrega da serie Filippa & Compañía e nela os protagonistas volven ser os mesmos da primeira entrega, Piano á fuga (2018), que vivirán unha nova aventura, nesta ocasión nun parque de atraccións, no que haberá polo medio unha desaparición. Finalmente, a terceira proposta presenta unhas formigas moi pequenas que buscarán unha estratexia común para non correr perigo. En definitiva, tres achegas que, de seguro, serán do gusto dos máis pequenos neste verán.

marta.neira@usc.es

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.