Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Banda da Loba en Melide e Ortiga en A Pousada de Boiro

Santiago. Tania Martínez

Unha dobre presentación a cargo da Banda da Loba e Ortiga forman parte da axenda de mañá no marco dos directos do Xacobeo’21 na provincia coruñesa. O quinteto de voces femininas actuará no localidade de Melide, mentres que o artista do “merengue diabólico” e a “cumbia millennial” estará en Boiro, grazas a este ciclo que forma parte do Plan de Reactivación dos Sectores Culturais e Turístico da Xunta.

Na sala Fundación, Melide, estará A Banda da Loba. Un proxecto no que cinco mulleres dan voz a un repertorio que se compón de letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres u outros textos tomados de poemas de escritoras contemporáneas. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, pop ou folk.

Case á vez, en Boiro, a sala A Pousada contará ás 23.00 h, co concerto de Ortiga. O artista presenta Chicho & sus chichas. O seu álbum debut co que dispara sonoridades tropicais a través dunha auténtica fábrica de baile millennial que, en vez de mirar ao Caribe, mira á ría de Pontevedra.

13 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito