Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
// O surfeiro e actor Rubén Prieto somérxenos mar adentro

A práctica de deporte en entornos naturais, sinónimo de felicidade

Santiago. Lorena Rey

O ceense Rubén Prieto, ademais de actor, é amante das ondas dende pequeniño. Comezou no mar facendo vela aos nove anos, con dez anos fixo un curso de bodyboard e xa se enganchou a este mundillo ata que cumpriu os 18, que foi cando se iniciou no surf. Con 21 anos comezou a dar clases e no seu tempo libre facía windsurf e katesurf -que era a prehistoria do deporte e “non morremos daquela de milagro”-. Co paso dos anos e por temas de traballo, xa non surfea tanto como lle gustaría.

Rubén defínese como unha persoa tranquila, moi curiosa e atrevida. Gústalle probar cousas novas e lanzarse a por novos retos. Asimesmo atribúese o adxectivo de extrovertido e racional.

A Costa da Morte é ideal para a práctica de deporte na auga. Rubén pon por diante a praia de Nemiña, en Muxía. “No verán temos sempre as condicións idóneas para a práctica do surf e para a iniciación”, afirma él. Ademais, é unha zona que está moito menos masificada en comparación con outros destinos de surf. É posible pegarse un bo baño de olas boas con pouca xente, tanto en Nemiña como nos areais fisterráns de Rostro ou Mar de Fóra.

Desconexión e liberdade son os principais sentimentos que lle transmite o surf. “Cando estás coa táboa correndo cara a auga e cos primeiros chapoteos, todo desaparece. O único que importa é chegar ao punto exacto para coller a ola adecuada e surfear”, conta Rubén. A sensación que da coller unha onda é algo que hai que experimentar, “algo completamente fóra do normal”, según define.

Fixo Maxisterio en Educación Física e con 22 anos montou a escola Surf Costa da Morte. Tras frustrarse coas oposicións, “que por moita nota que sacaras non tiñas plaza”, empezou a dedicarse ás cousas que lle gustaba facer, como a pintura, a fotografía e o surf. “Empecei comprando catro táboas e dando clases, así cando ía gañando algo de diñeiro compraba máis táboas. Agora a escola xa anda soa”, conta. Tamén fan rutas en kayak, como sustituto aos días nos que non hai oleaxe.

Parte dos días de verán podemos atopar a Rubén nunha pequena caravana á entrada do Ézaro ofertando viaxes en motos de auga. Esta opción de pasatempo ten cada vez maior demanda. “Creo que a xente o ve máis accesible ca o surf”, aprecia. É unha actividade máis sinxela e de consumo máis rápido, pero sen embargo o surf segue sendo a actividade estrela. “A xente repite e volve a clases para ir perfeccionándose”, destaca.

Público de todas as idades. Moitos consideran que a práctica de surf se restrinxe ao perfil de persoa que fai deporte, pero non é así. “Temos tido na mesma clase de surf o abuelo, a filla e a neta”, recorda. Os afeccionados son persoas ás que lles gusta a natureza, que xente que lle gusta a natureza, que descartan as masificacións e que buscan algo alternativo. “Soe ser xente bastante guay”, así os cualifica.

Nas motos de auga hai un perfil máis variado. Podemos atoparnos desde un rapaz que non practicou deporte na vida pero que si lle apasionen os kuads e o motor, familias que queren facer unha excursión todos xuntos ou pasando por persoas que fixeron o curso de surf e ao finalizar anímanse a coller as motos de auga.

As rutas están un tanto “adornadas”. Non está enfilado a dar gas e ir a fondo, senón que se trata dunha viaxe turística e cultural, parando en varios lugares e explicando a súa historia. En definitiva, a mellor opción para quen lle gusta a natureza, a diversión e a adrenalina.

Rubén pensaba que, tras meses confinados polo covid-19, podería haber un efecto rebote da xente e que reflexionaran sobre a súa vida: “tengo que vivir, tengo que hacer cosas”, dixo entre risas. Así pensaba que se ía compensar o pouco público coas ganas daqueles que decidiran optar por algún destes deportes. Sen embargo, cada día é sorprendente a cantidade de xente que se anima a facer algunha actividade no mar.“A xente ten ganas de vivir e ese check list de cousas que facer antes de morrer pois tras o confinamento deciden poñelas en marcha, non vai ser...”, conta Rubén, coñecido tamén pola sua participación en El Hormiguero.

Estamos ante unha zona cun contorno natural moi pintoresco na que te atopas tanto con cascadas de cincuenta metros e franzas de río formidables como praias desérticas de moitos kilómetros. “A práctica de deporte en si nestes medios creo que é o sinónimo da felicidade”, así o define Rubén. Mezclar aprendizaxe con deporte, diversión, comunicación e amizade, é o obxectivo destas experiencias. Algo que termina creando un vínculo “bastante chulo” entre monitores e alumnos ou mesmo entre os propios clientes. “É un zume bastante enriquecedor como para morrer sin probalo”, conclúe.

a pregunta
¿Un día ideal na costa da morte?

··· O surfeiro galego vive nunha autocaravana desde fai tres anos. A súa xornada perfecta sería despertar nunha praia bonita, en Nemiña por exemplo, almorzar desfrutando das vistas, escoitar os paxariños, surfear ondas perfectas, pegarse un bo xantar e facer parapente pola tarde. “Iso sería un día redondo”, define Rubén.

08 ago 2020 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito