Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Torre de Hércules limita as visitas a un máximo de dez persoas polo covid-19

    A Coruña. Jorge Varela

    A Consellería de Sanidade estableceu onte con carácter preventivo unha serie de medidas de restrición nos concellos da comarca e área sanitaria de A Coruña. Así, ante o aumento de casos e a expansión da covid-19 na comarca, decidiuse límitar, entre outras medidas, as reunión privadas de persoas non-convivintes a un máximo de 10. Por iso e debido a esta limitación, dende Turismo de A Coruña decidiron limitar ás visitas da Torre de Hércules.

    De agora en diante, só poderán acudir un máximo de 10 persoas por hora durante o tempo que se prolonguen as restricións marcadas dende a Xunta de Galicia. De cada hora, a visita consumirá un máximo de 45 minutos e os 15 restantes empregáranse para desinfectar os lugares que poidan supor un maior risco de contaxio.

    08 ago 2020 / 00:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito