Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arte pública colaborativa

A Coruña. Lorena Rey

Se te adentras en As Pontes de García Rodríguez poderás sorprenderte co ambiente das súas rúas e prazas principais. Podedes pensar que é por ser un lugar moi transitado pero en realidade o chamativo é que moitos artistas de renome e veciños do lugar están dando cor e vida a diferentes espazos públicos que están un tanto abandonados ou infrautilizados para así acadar un progresivo embelecemento da zona. Todo comezou no 2017 e a día de hoxe son máis de 40 as pezas que se agochan neste municipio coruñés.

. Trátase dun proxecto de arte pública. “A diferenza dos de arte urbana implicamos á veciñanza, tanto a artistas como persoas que non o son, polo que hai pezas de autor e outras colectivas para que participe a poboación”, explica Ismael Blanco, coordinador do proxecto. Cabe detallar que se trata dunha iniciativa promovida polo concello de As Pontes pero que a dirixe a empresa de sociólogos Deloga.

Pintáronse e séguense pintando todo tipo de espazos. Utilízanse medianeras (fachadas de edificios de dúas tres ou catro plantas). Aquí enmárcanse os artistas máis consolidadas do panorama do arte galego como pode ser Joseba pintando as súas avoas e bisavoas. “Aquí retratou á máis anciá ata o momento de 98 anos”, conta Ismael. Tamén participaron outros artistas coñecidos como Delio Rodriguez ou nos últimos días, Nobe Noel. Tamén hai muros e paredes de diferentes dimensións. Algunhas son de edificios públicos como pode ser a piscina municipal que a pintou Luis Davila, o viñetista de Bueu, que xa colaborara anteriormente con pezas potentes no pobo como as adicadas aos grelos e cogomelos. A maiores, hai algunhas pezas que non son murais de pinturas nin feitas con spray. “Temos feito cousas con textil. Recordo que unha das veces se creou no parque municipal un ambiente moi máxico”, di. Tamén cobran importancia os fotomosaicos. Este ano fixeron un con 7.000 imaxes adicado á cultura galega bretona “xa que As Pontes está irmandada cun pobona Bretaña Francesa e cumpría o 30 aniversario”.

A diferenza doutros proxectos deste estilo, as temáticas son locais. Lendas, fotos de xente do lugar, homenaxes a algún colectivo, emigrantes de As Pontes en América... Todo comezou co mural de García Rodríguez, cabaleiro medieval que lle da nome á vila.

Colaboración da veciñanza.

Nesta iniciativa participa xente de todas as idades. “Hai veciños que teñen inquietudes artísticas especialmente relacionadas coa pintura e que incluso teñen formación co mundo artístico como pode ser as Belas Artes. Ese perfil é moi habitual. Despois están os estudantes ou os que acabaron nos últimos meses a súa formación e ven isto como unha oportunidade para adentrarse no mundo da pintura”, explica. É sorprendente os “murais espectaculares” que están facendo os principiantes xa que moitos están a facelos en paredes de catro metros de altura e uns trinta metros de longo.
Nas pezas colectivas participa xente que ten inquietude de facer cousas novas e se apunta ao que se lle poña por diante. Aquí non hai unha idade marcada. “Acabamos de facer un taller adicado á igualdade no que había unha nena de sete anos e señoras de 80”, afirma.

Todos están satisfeitos das súas aportacións e de ver como embelecen os lugares. “Cando ven o resultado de como ambientan un espazo público, a efectos de empoderamento é algo moi digno porque en poucas semanas pasan de pensar que non son artistas a darse conta de que si o son”, destaca.

Como xa comentaba, os organizadores son sociólogos e para eles o máis importante do proxecto, máis alá dos murais e das temáticas, é fomentar a cooperación, a convivencia e a inclusión social. Como exemplo, nos últimos días construiuse “o banco dos bicos” en colaboración con Aspanaes (Asociación de Padres de Personas con Trastorno del Espectro Autista de la Provincia de La Coruña). “Foi espectular a implicación”, afirma. Máis alá de transformar as paredes ou medianeras, o propósito está en transformar as relacións humanas. “Grazas á arte pública creamos espazos públicos con xente local”, define.

Este proxecto que leva de nome As PontesenPEZAS, está tendo moita forza nas súas redes sociais. Tanto por este medio como por correo electrónico están a recibir preguntas a diario para preguntar onde están as pinturas, solicitando os datos máis relevantes. “Rondamos as 100.000 personas distintas que están accedendo ás publicacións estas semanas”, manifesta.

Ademais, os veciños do lugar xa o ven como algo propio. No 2017 unha parte da poboación sonáballe estraño facer murais de gran dimensión e agora moitos veciños ofrecen a diario as paredes e fachadas das súas casas. E moitos esperan ser sorprendidos co tema... que como xa saben será local.

A intención é crear un museo ao aire libre con temáticas locais. Darlle oportunidade a artistas da vila, que a poboación se relacione entre ela... son algúns dos aspectos nos que esperan seguir crecendo nos próximos anos. Polo momento céntranse nas rúas e prazas principais pero moitos demandan que se lle dea vida aos barrios máis pequenos, algo que está en marcha.

01 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito