Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Reportaxes e entrevistas cun sabor especial... aquí vai un resumo co máis destacado destes dous meses TEXTO Lorena Rey

Un verán diferente ao que lle damos vida no xornal

Como redactora da sección Galicia, recordo cando a terceira semana de xullo a xornalista Ana Iglesias propúxome formar parte do equipo de Galicia Verano, unha sección que se prolongaría durante os meses de xullo e agosto. A proposta pareceume moi interesante e non dubidei en aceptar xa que considero que sempre está ben afrontar cousas novas, e máis neste mundo do xornalismo. Trataríase de facer entrevistas e reportaxes con relación á época estival, eso sí, cun toque de humor e chispa tendo en conta que serían unhas páxinas que a xente leería con outra perspectiva.

Eramos conscientes de que con este verán tan atípico quizais o resultado final non fora como nos gustaría xa que dende un principio sabiamos que non habería festas e outras moitas actividades de diverso tipo. Tocaba arriscarse... Ademais, pensaba en que os lectores merecían un pouquiño de “relax” despois de tanta información relativa á pandemia.

comezamos! A aventura comezaba a terceira semana de xullo, días antes de que me marchara unha semaniña de vacacións. Así, o día 20 funme veranear a Louro, como cada ano. Días de praia, sol, charlas con amigos e familias, tardes de chiringuitos... que máis se pode pedir?

Iso si, pola miña mente empezaron a rondar temas que poderían saír na sección nas próximas semanas. Un día acerqueime ao mercadillo de Muros para facer unha reportaxe dos postos dos feirantes, reflexando o ambiente dese día –que os que leeron o texto– recordarán que non había moitos visitantes así como tampouco os vendedores se mostraron moi optimistas. Recordo, tamén, a reportaxe a Atlantis Adventure, para coñecer un pouco máis as actividades de turismo de aventura que podemos disfrutar na Costa da Morte. Dende ese día coñecín un novo deporte de aventura, o coastering, similar ao barranquismo e que que merece a pena probar. Así comezou Galicia Verano!

experiencias con aprendizaxe. Tras regresar destes días de “relax”, a última semana de xullo tocaba voltar á redacción e poñerse ao día. Atopeime con mogollón de temas que os meus compañeiros de sección xa estaban empezando a mover. Non había tempo que perder, tocaba coller a axenda e empezar a buscar contidos.

Unha xornada de paintball coñecendo en que consiste o xogo, un recorrido polos campings de Louro sendo unha alternativa moi escollida por moitos no verán ou mesmo coñecer o que esconden as reclamadas cabañitas en Galicia foron algúns dos meus traballos.

A verdade é que me quedo con todo o realizado pero gustaríame determe un pouco máis nalgúns deles. Tiven a oportunidade de conversar co surfeiro galego Rubén Prieto. Non me quedaron dúbidas da súa pasión polo surf e polas motos de auga, algo que forma parte da súa vida dende moi pequeno. Teño que recoñecer que esa tarde, marchei do Ézaro con moitas ganas de facer unha viaxe en moto de auga. Se non é este ano, será o seguinte, iso non hai dúbida.

temáticas diversas. O sábado 15 de agosto, o meu irmán tivo unha voda. O luns seguinte despertei pensando en que sería unha boa idea contactar cos noivos para facerlles unha reportaxe. E houbo sorte! A parella prestouse a contarnos como viviran ese día, tras meses de incerteza polo coronavirus e con medidas sanitarias a tener en conta. Iso sí, nada impediu que tanto eles como os invitados disfrutaran da celebración.

Os temas máis “formais” tampouco faltaron. A semana pasada estiven investigando o que se esconde detrás das bodegas, máis concretamente nas adegas e viñedos da Ribeira Sacra. É soprendente a cantidade de uvas que se cultivan no lugar, pero é que con tantas variedades de viño que se ofrecen... pois normal. Teño que recoñecer que non son moito de viños, pero creo que cando me acerque a esta zona –que ofrece un entorno natural tan magnífico– pasareime a visitar algunha delas.

entrevistas con curiosidades. Está a parte das entrevistas, que practicamente as podería agrupar en dous bloques: as realizadas a cantantes galegos como Fátima Pego, Xoel López e Sabela do grupo Tanxugueiras, ou a deportistas como a xoven Lára Lopez ou Ana Varela, recoñecida piragüista e asimesmo nativa do municipio no que resido. Polo tema do coronavirus tivéronse que facer por teléfono pero isto privou de se realizaran con éxito e sen perder ningún detalle. O que lles gustou moito aos entrevistados e a min como redactora foron as cuestións que se lles facían a todos eles ao finalizar a entrevista. Tratábase dun pequeno cuestionario ou “a saber qué” con preguntas sobre gustos e afeccións, entre outras. Cuestións que dan un pouco de vida a unha entrevista. Nesta ocasión, serei eu quen responda estas preguntas.

recordos. É momento de destacar a tranquilidade e liberdade que me aportou Ana Iglesias, a coordinadora de sección, á hora de realizar as entrevistas e reportaxes. Ela sempre animándonos a facer o que realmente nos gustara e apoiado todos os temas que se lle propoñían. Sempre recordarei os seus calendarios semanais nos que levaba conta de todos os temas e a datas nas que sairían publicados. Vaia máquina!

Tampouco me esquezo dos días con Paula Amati, a fotógrafa. Un día por Sanxenxo, outro por Coruña, ao día seguinte en Malpica... a verdade é que sempre a tivemos ocupada. Ela estivo sempre ao pe do cañón buscando a mellor perspectiva nunha fotografía. Unha boa reportaxe con fotografías sorprendentes impacta moito máis. De ahí que a súa aportación fose vital para moitos dos meus traballos. Fai uns días falando con ela démonos conta de que case todas as saídas conxuntas foran para facer algo relacionado co mar. E que ben o pasamos!

Último día, inesquecible. O sábado pasado fixen a última reportaxe. Para iso acerqueime ao porto de O Grove para facer unha viaxe en barco pola Ría de Arousa, a famosa Ruta dos Mexillóns. Foi unha experiencia única, na que tanto a fotógrafa coma min disfrutamos ao máximo. Tras baixar do catamarán pensei: “que mellor forma de rematar a tempada en Galicia Verano que cunha degustación de mexillóns e unhas copiñas de viño albariño mentras desfruto das vistas das Rías Baixas”.

Dese día, destacar que canto estabamos comendo os mexillóns un dos tripulantes do barco indicoume que colocase o mexillón na punta da concha para ver o que farían as gaivotas. Tras estirar o brazo só fixeron falta dous segundos para que unha destas aves tan típicas da costa me roubase a comida. Nese momento Paula entrou en acción, sendo capaz de captar o momento. Unha imaxe que quedará para o recordo e coa que concluo esta valoración.

***

• Unha película. Non teño unha película favorita, pero as que me sorprenderon que agora mesmo recorde son El rey león e Intocable.

•Un libro. Gústanme as novelas de Megan Maxwell. Quédome con Hola, ¿Te acuerdas de mi?

• Unha viaxe desexada. Estou desexando coñecer Italia, é algo que teño na mente dende fai tempo.

• Unha comida. Buff, difícil decisión... Diría a lasaña.

• Un pobo galego. Combarro, polos seus hórreos ao carón da ría.

• Praia galega preferida. A de San Francisco de Louro. Alí paso as vacacións de verán coa familia e amigos.

• Serie que estou vendo nestes momentos. The 100, en Netflix.

• Canción que máis escoitei este verán. Pa toda la vida de Don Patricio, moi de moda en Instagram.

• Deporte preferido. O fútbol. Son unha gran afeccionada do SD Dubra.

• Rincón preferido para pensar. Camiñando polo monte ou na praia.

• Obxecto da infancia. O barco de muñecas da polly pocket. Que recordos!

01 sep 2020 / 21:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito