Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vigo acolle a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia en outubro

Reúne cen exporsitores con mostras de comida vexetal para promover o consumo responsable

Vigo. Vegana.gal, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia é unha iniciativa que busca promover o consumo sostible. O evento terá a súa sede no Instituto Feiral de Vigo os días 23 e 24 de outubro, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Ademais, reunirá ao redor de 100 expositores, puntos de información nutricional, zona infantil, representantes de santuarios, refuxios e Oenegués, persoal experto en educación medioambiental e, sobre todo, moita —e deliciosa— comida vexetal para promover un estilo de vida máis respectuoso co mundo animal e o medio ambiente. O evento será unha feira de mostras inclusiva que quere romper moldes e certos tabúes instaurados en torno ao veganismo dun xeito amable, asertivo e, por que non, tamén divertido.

Así mesmo, Vegana.gal procurará visibilizar ás empresas e marcas do sector tanto locais como estatais —e mesmo internacionais— perante distribuidores e público xeral, tras estes duros e anguriosos meses de pandemia.

Así, as persoas que asistan un só día as entradas terán un custo de 3 euros, e de 5 euros para todas aquelas persoas que desexen asistir os dous días da feira. Aínda que sairán á venda a primeira semana de setembro, na web do evento, vegana.gal, pódese cubrir un formulario que avisará da disposición das entradas para así poder garantir a súa adquisición. A organización lembra que, dada a actual situación pandémica na que nos atopamos e a gran acollida que está a ter a feira, convén mercar a entrada por internet e con certa marxe de tempo para non quedar fóra segundo o límite de capacidade vixente nas datas da feira.

Por último, aínda que xa hai máis de 60 casetas reservadas e co obxectivo de facer un evento ambicioso, comprometido e atractivo, o prazo de inscrición para empresas expositoras permanecerá aberto ata o 10 de setembro. En Vegana.gal haberá marcas de diferentes eidos , todos eles relacionados coa sostibilidade e o veganismo como a artesanía, alimentación, moda y calzado, cosmética vegana,floristerías entre outros servizos.

Esta iniciativa naceu da unión de tres mulleres, Cando Patricia Menéndez e Tamara Alonso, e Ana Gontad convencidas da necesidade dun consumo máis responsable ECG

11 ago 2021 / 17:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.