Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vigo deléitase coa arte das rondallas da súa metrópole

O certame pretende a conservación da cultura popular e de base // Está impulsado pola Xunta

Impulsada pola Xunta de Galicia e organizada pola Federación de Rondallas, a IV edición do Certame de Rondallas de Vigo celebrouse durante toda a xornada deste domingo na Estación Marítima de Vigo, dentro dunha iniciativa que apoia e promove a conservación da cultura popular e de base entre a cidadanía galega, e para a que administración galega destinou unha subvención de 21.500 euros nesta edición.

Un encontro que contou coa presenza do titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nun novo recinto e cun aforo máximo permitido de mil persoas, e que nesta ocasión non tivo carácter competitivo senón de exhibición para non perder unha tradición musical como esta das rondallas.

No certame, que regresou ás rúas da cidade olívica tras a súa interrupción o ano pasado por mor da crise sanitaria derivada do coronavirus, actuaron un total de trece rondallas procedentes tanto de distintas parroquias de Vigo -Beade, Bembrive e Valadares- como de concellos da área metropolitana como Gondomar, Tui, Nigrán e Mos, o que volveu poñer de manifesto a forte presenza deste tipo de agrupacións culturais no sur da nosa comunidade autónoma.

En concreto, as agrupacións participantes nesta ocasión foron a Rondalla do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), Rondalla do Centro Veciñal Parada (Nigrán), Rondalla da Nosa Merced de Chaín (Gondomar), Rondalla do C.S.C.R. de Beade (Vigo), Rondalla do C.C. de Torroso (Mos), Rondalla do Centro Cultural de Guizán (Mos), Rondalla da Sociedade Cultural Pontellas (Porriño), Rondalla do C.C. Helios de Bembrive (Vigo), Rondalla C.C.A.R. de Valladares (Vigo), Rondalla C.C. de Atios (Porriño), Rondalla do Círculo Cultural Sta. Eulalia de Mos (Mos), Rondalla do Centro Cultural Herville (Mos) y la Rondalla Pexegueiro (Tui).

Na última edición que tivo lugar antes da covid-19, participaron un total de catorce rondallas, pertencentes naquela ocasión aos concellos de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui.

23 ene 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.