Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xa se pode ver a mostra de David Lamelas no CGAC

Arte. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abre hoxe David Lamelas. Lonxe, América, a primeira retrospectiva do artista arxentino en España, que permanecerá no centro compostelán ata o 3 de outubro. Así o anunciou onte o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, durante a presentación da mostra, na que estivo acompañado polo artista David Lamelas, o comisario da exposición, Pedro de Llano Neira, e o director do CGAC Santiago Olmo.

Segundo apuntou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, trátase dunha selección de obras que abrangue desde 1962 ata 2021 e que conta con préstamos de 12 museos europeos e norteamericanos, así como de coleccionistas particulares. Deste xeito, “a exposición permite coñecer a evolución da obra de David Lamelas desde os inicios ata a actualidade”, engadiu.

Do seu contido, Anxo M. Lorenzo salientou que documenta os vínculos con Galicia do artista, fillo de emigrantes galegos, e que incide “nun aspecto pouco explorado da súa práctica, como é a importancia do debuxo e do proxecto ao longo da súa carreira”. Ademais, a exposición presenta varias intervencións que entran en diálogo coa arquitectura deste museo que as acolle, deseñado por Álvaro Siza.

O secretario xeral anunciou tamén diversas actividades previstas en relación coa mostra. Así, na mesma data ás 18,00 horas, David Lamelas executará a perfomance Time (1979-2021) Ademais, como cada domingo organizaranse ás 12.00 horas, unha serie de visitas de balde guiadas por expertas en arte. REdacción

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.