Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xavier Queipo presentou o súa nova novela

Libros. O recoñecido escritor galego Xavier Queipo presentou onte, na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, a súa última novela Corazón de manteiga, publicada pola Editorial Galaxia.

Nela narra la historia de Mauro que goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha espiral de tormentos e inseguridades. Cunha escritura que vai mudando desde o relato naturalista á memoria esnaquizada, Xavier Queipo conta nesta novela a historia dunha vida marcada pola diferenza.

O seu protagonista, Mauro, xunta as forzas que lle quedan para vindicar unha experiencia que ninguén cre e liberarse dunha dúbida terrible que condiciona a súa existencia. Esta é a historia dun home engaiolado en si mesmo, dun deses ícaros que aprenden a voar ata a extenuación das forzas e da ilusión.

Trátase pois dunha novela para ler co corazón. Narrada cunha prosa precisa, coa tensión necesaria para deixar de lado a convención literaria e a estreitez existencial. Unha nova entrega de Xavier Queipo que fará as delicias dos seus seguidores. redacción

19 dic 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.