Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 junio 2021
16:55
h

Xela Arias, poeta rebelde que derrubou convencións para forxar a súa independencia

Diferentes escritoras reivindican a valentía da homenaxeada no Día das Letras para abrir novos camiños no panorama literario

A rebelión, a modernidade, a experimentación e a liberdade foron unha constante na vida e obra de Xela Arias, unha figura que rompeu cos cimentos e as estruturas arcaicas, cos roles predefinidos e que explotou a linguaxe para edificar unha independencia estilística e conceptual que segue de plena actualidade.

Mozos de toda Galicia identificáronse o seu discurso marcadamente urbano, dialogaron cos seus versos e recolleron a testemuña dunha voz que levou ao límite o xénero poético e promoveu a interacción da palabra e a escrita coa música, a imaxe e mesmo a improvisación.

Alba Cid foi gañou o primeiro certame Xela Arias, impulsado polo IES A Sangriña da Garda, pero tamén do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández de 2020.

Nunha entrevista con Europa Press, lembrou a súa conexión coa homenaxeada o 17 de maio, a vixencia das súas palabras e a familiaridade que inspira a súa traxectoria.

“Pode imantar un entusiasmo moi diferente porque en certo xeito nos ofrece unha especie de sentimento de proximidade que non se dá noutros casos”, sinalou, tanto por formar parte dunha xeración moi próxima a efectos cronolóxicos como polos seus primeiros pasos en certames.

Rexeita a visión xeneralizada de que tivo unha obra “breve” xa que ten moitos escritos en fanzines e publicacións, nos que se constataba que non respondía “a tempos que non fosen os propios” e xa facía gala dese “inconformismo”, resistencias e fractura da linguaxe presente en cada poemario con vontade “de abrir novos camiños”.

Para Yolanda Castaño, representa “un modelo e un referente nunha época en que non había moitas mulleres escribindo” e que, “lonxe de seguir modelos alleos”, creou o seu propio e converteuse “nunha auténtica precursora do que viría mais adiante”, cunha figura autoral “transgresora” e “afastada dos púlpitos e as academias”. “Situouse por vontade propia nas marxes e alguén que decide iso ten polo menos a admiración desa valentía”, dixo.

Arias publica a súa primeira obra en 1986, Denuncia do equilibrio, da man de Edicións Xerais, agora reeditada e con prologo de Olga Novo, autora recoñecida co Premio Nacional de Poesía do 2020.

“Xa se ve a poeta que ela vai ser. Ese título denuncia a falta de equilibro social, profundo, e esa procura esencial da independencia persoal”, trasladou Novo sobre unha obra que está “asentada en principios moi básicos da súa personalidade” e nos que “vai insistir nas seguintes” ata Intempériome, para moitos o seu poemario máis pulido.

Catro anos despois, xa nos 90, sae á luz Tigres coma cabalos, “pioneira” e un exemplo da súa vocación por romper as barreiras da linguaxe e na que os seus poemas dialogan coas fotografías realizadas pola súa exparella, Xulio Gil.

“Mostran corpos espidos, e a recepción non acompañou realmente ao sentido que ela quería daquela obra. O da beleza, da liberdade dos corpos que se achegan, aproxímanse e ámanse. Un canto á liberdade”, destacou Olga Novo, animando a reler unha obra que permite “celebrar esa diversidade”, sen tabús.

Foi esta mestizaxe de formatos e linguaxes o que a fixo “unha precursora na fusión da poesía con outras disciplinas”, engadiu Castaño.

A súa visión da maternidade
Submisión na crianza

···Berta Dávila chegou a Xela Arias a través de ‘Intempériome’, aínda que un dos seus libros “máis queridos” é ‘Darío a diario’ (Xeráis, 1996), obra que ela mesma prologa na súa recente. “Ela, desde unha capacidade e unha intelixencia lingüística pouco común, fai un achegamento e cuestiona, digamos, a submisión dentro da crianza, celebrando a autonomía do fillo á que se lle concede unha importancia fundamental e establecendo símbolos pouco comúns no seu momento ao redor do amor. Creo que é unha maneira de achegarse á maternidade pouco tratada”, sinalou Dávila.

Autora dunha obra que destaca pola súa calidade e profundidade
‘Intemperióme’ supón o culmen da súa carreira e dos eixos e temas que marcaron a súa escrita

Santiago. O seu Intempériome representa o culmen de calidade de toda a súa traxectoria e dos eixos e temas que marcaron a súa escrita.

“Aparece a voz tan característica, o seu estilo tan característico que lle levou anos definir, pero no seu froito máis logrado. Unha obra desprovista de elementos superfluos e na que logrou sofisticar o aparello conceptual (máis maduro e complexo), e pulir e depurar o aparello formal”, valorau Yolanda Castaño.

Publicado en 2003 por Espiral Maior, formaba parte dun ambicioso proxecto co músico Fernando Abreu, co que buscaba combinar a lectura de poemas coa música máis experimental e a improvisación en directo.

A pesar de quedar inacabado pola repentina morte da homenaxeada, Abreu conservou as gravacións que realizou á autora recitando coa súa voz os textos do poemario, e que recuperou no espectáculo Vencerse é cousa de tratarse combinando literatura, música e cinema en directo.

“Me quedou esa idea na cabeza e cando se empezou a falar de Xela para as Letras tiven claro que ese día remataba o traballo. Para pechar o círculo”, lembrou o músico, que fixo estas semanas a preestrea do espectáculo xunto a Pablo Carreira, Mónica de Nut e Roi Fernández. e.p.

26 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.