Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xogando coas palabras: soños
e palíndromos

Entre as novidades de Alvarellos Editora, destacamos hoxe un precioso álbum poético SoñoS, escrito por Pere Tobaruela (Barcelona, 1965), xa recoñecido escritor das nosas letras, ilustrado por Víctor Boullón (Santiago de Compostela, 1979) e acollido na colección Verdemar.

Son poucas as obras para o destinatario máis novo que se aventuran a se adentrar no mundo expresivo dos palíndromos, xogos con palabras que tanto se len de dereita a esquerda coma de esquerda a dereita. Nesta proposta non só son as palabras as que realizan o xogo, senón que tamén as imaxes permiten seguir a narración protagonizada por O nenO, A nenA, con ulidos, emocións, espazos... en perfecta conxunción. Un álbum ben ensamblado que leva a descubrir o mundo dos palíndromos, das palabras e imaxes, como din os autores na contrapa da obra. A Literatura Infantil e Xuvenil galega enriquecese con esta excelente e orixinal novidade.

m.fboo@udc.es

18 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.