Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○

Se es dos que está esperando a última hora para comprar os agasallos de Nadal ou necesitas novas ideas para una chegada dos Reis Magos, estas son unhas pequenas claves que deberías ter en conta para dar cun obsequio atractivo. Porque os regalos non ían ser menos e tamén están condicionados polo momento en que vivimos, e por iso este ano as preferencias tenden aos xogos de estar na casa, a tecnoloxía e os instrumentos para o teletraballo.

XOGUETES

Nunha época na que parece que imos pasar moito tempo en casa, unha aposta segura van ser os xogos de mesa para gozar coa familia. Nas tendas de xoguetes, como Imaginarium neste caso, coméntannos que os xogos de mesa son o top de vendas a diferenza doutros anos nos que vendían máis produtos que se poderían empregar no exterior. Hai de todas as temáticas e para todos os gustos, dende os clásicos UNO, Trivial ou parchís ata os xogos máis innovadores e acordes cos tempos como o novo “Stop the virus”, co que aprender a combatir un virus, así como novas versións doutros máis coñecidos, como o Monopoly, que nos trae un novo formato baseado no videoxogo Fornite, agora tan de moda entre a mocidade.

Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○

Algo que non falla entre os nenos maiores de 6 anos son os xogos de Lego. Este ano a famosa marca lanzou un set de Mario Bros para ir construíndo o mundo deste personaxe e superar desafíos. Outro dos regalos estrela para os pequenos de máis de 3 anos é o xoguete Baby Yoda, dende AlCampo coméntannos que é polo que máis pregunta todo o mundo e, de feito, xa está esgotado nas súas tendas.

Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○

PARA TODA A FAMILIA

Un acerto para os agasallos entre amigos e familiares sempre será a cesta de nadal, un clásico que podemos atopar en moitos formatos e con diferentes ofertas de produtos, que ademais poden servir para varias persoas. Outro moi de moda son os marcos de fotos dixitais personalizados, nos que podes poñer centos de fotos nun mesmo marco e que vaian cambiando como se dunha presentación se tratasen, unha bonita forma de gardar os mellores recordos cos teus seres queridos.

Por outra banda, unha maratón de series e películas para pasar tempo en familia sempre é unha boa opción, polo que non sería mala idea regalar unha subscrición a plataformas como Netflix, Amazon Prime, HBO, etc.

ELECTRÓNICA

De cara a este 2021 tamén van a triunfar os regalos pensados para traballar dende casa, o teletraballo chegou para quedarse así que, unha cunca, cadernos, micrófonos ou auriculares serán unha aposta segura. Neste 2020 tan dixitalizado, os regalos da sección electrónica son dos máis buscados nos grandes almacéns. Por exemplo, as tablets sempre son un top venta nesta época, contan dende MediaMarkt. Podemos atopar un perfil económico como a Amazon Fire HD 8 ou se buscamos algo más profesional temos o novo iPad Air dispoñible tanto en versión de 64 GB como de 246 GB.

Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○

VIDEOXOGOS

Os videoxogos tamén son un bo regalo para realizar no Nadal. Os máis vendidos de PlayStation e Xbox son Fifa 21, Callo of Dutty, Cyberpunk 2077, Black Ops Cold War ou Red Dead Redemption 2. Mentres que os mellores do mercado para Nintendo Switch son Animal Crossing e Mario Kart 8 Deluxe según a tenda GAME.

Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○

LIBROS

Os libros seguirán sendo un regalo estrela estas festividades, ideal para facer voar a nosa imaxinación, todo o mundo desfruta cando se lle presenta unha boa lectura. Ademais é unha xenial oportunidade para colaborar con librerías locais e autores.

Unha boa opción sería o Premio Planeta 2020, Aquitania, o thriller histórico de Eva García Sáenz de Urturi.

$!Xogos de mesa, tecnoloxía, videoxogos e ferramentas para o teletraballo, agasallos estrela deste Nadal○
23 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.