Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xosé Bustelo: “O reto é acadar unha supervivencia ao cancro por enriba do 70% en 10 anos”

Máis de 150 persoas participaron nas catro xornadas da RAGC impartidas por once prestixiosos expertos en oncoloxía

O reto da investigación oncolóxica é acadar unha supervivencia ao cancro nos pacientes por enriba do 70 % en 10 anos, foi o que concretou onte o doutor Xosé R. Bustelo, ademais de engacir que “todos apostamos a que o conseguiremos”.

O doutor Bustelo, manifestou que o ciclo Conferencias Avances en Ciencia e Tecnoloxía organizado pola RAGC, cumpriu coas expectativas que se tiñan inicialmente, conseguindo que once científicos e científicas galegas e españolas relevantes no campo da investigación do cancro aceptasen colaborar na iniciativa, ademais de ser un éxito de participación. Explicou, como coordinador das xorndas, que o ciclo axudou a coñecer mellor á “banda de asasinos” implicados no desenrolo e respostas clínicas dos tumores, así como os métodos que utilizan para converter as células sas do organismo en células malignas.

Neste senso o doutor tamén sinalou que estas investigacións que expuxeron no ciclo os diferentes relatores teñen un alto valor engadido desde un punto de vista económico, dado que permiten o desenvolvemento de novas empresas tecnolóxicas e biomédicas. “Como recordaban moi ben José Tubío e África González, do estudio do xenoma humano e dos anticorpos monoclonais xurdiron empresas que agora supoñen billóns de euros de beneficio económico”, segundo lembrou Bustelo.

Nesta última xornada foi o oncólogo molecular español máis relevante a nivel internacional, descubridor do primeiro xene que induce o cancro en humanos, Mariano Barbacid que foi o encargado de poñer fin ao ciclo esta tarde, cun percorrido pola historia das investigacións desta enfermidade.

Xosé R Bustelo, neste peche de ciclo, destacou que as conferencias, como a útlima de Mariano Barcarid, serviron para explicar que o coñecemento sobre o cancro está estendéndose dos laboratorios aos hospitais con mellores formas para diagnosticar e tratar aos pacientes. “O desenvolvemento de novas terapias ocasiona o aumento na supervivencia dos pacientes con cancro, así como a mellora da súa calidade de vida”

Nesta memas xornada, tamén se debateu nunha ráboa redonda en vivo, sobre os novos retos que sinalou o doutor para avanzar na investigación e curación do cancro en Galicia. Nela participaron o doutor Xosé R Bustelo, que tamén ñe vicedirector do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca e académico correspondente da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da RAGC, onde resaltou os reto principal en investigación do cancro. tamén participou a investigadora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), Marisol Soengas; o xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), Rafael López; a xefa de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Rosario García Campelo;e, por último, o vicepresidente da Asociación Española contra o Cancro (AECC) da Coruña, Carlos Lamora.

Durante as xornadas Outros científicos e científicas que compartiron os seus coñecementos cos máis de 150 participantes no ciclo foron: José Tubío, investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC); o investigador do Institute for Research in Biomedicine (IRB) de Barcelona, Manuel Serrano; o director do Institut de Recerca contra la Leucèmia de Barcelona, Manel Esteller; a investigadora do IRB, Núria López-Bigas; ademais da catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, África González.

Baixo o título “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”, esta edición do ciclo deu unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo, con información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Tamén se ofreceu unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

O presidente da RAGC, Juan Lema, clausurou o ciclo e agradeceu o traballo realizado polo doutor Bustelo na organización da actividade, así como a implicación de todos os relatores nun tema sanitario tan transcendental e a colaboración da Deputación da Coruña.

Os avances recentes sobre o cancro foi o tema ao redor do que xirou o XXIV Ciclo de Conferencias Avances en Ciencia e Tecnoloxía, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña, coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Celebráronse esta semana, de martes a hoxe venres, conferencias en Santiago de Compostela.

eXPERTOS
Catro XORNADAS

···Na primeira xornada, José Tubío inves-tigador no Cimus e Manuel Serrano investigador do IRB abordaron as técnicas moleculares recentes e a súa aplicación clínica.

···Na segunda xor-nada Manuel Esteller, director e investiga-
dor no IJC e Marisol Soengas, investigadora no CNIO centraron os seus relatorios na epixenética do cancro e a metástase.

···Na terceira xorna-da Núria López- Bigas, investigadora do IRB tratou na segunda xornada e África Gonzá-
lez a inmuno terapia e os xenomas tumorais como eixos vertebadores dos dous relatorios.

···O investigador do

CNIO, Mariano Barba-cid, pechou onte as xornadas cun relatorio
que aborada os avan-ces recentes no coñecemento sobre cancro.

09 jul 2021 / 17:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.