Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xuntanza de Alberto Núñez Feijóo con Víctor Freixanes a prol do galego

Neste 2021 a RAG vai recibir máis de 670.000 euros desde o finanzamento da Xunta

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, avaliaron onte as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión.

Durante unha xuntanza mantida pola tarde, ambos coincidiron na necesidade de seguir fomentando o uso do galego entre a xuventude e nas empresas, de acordo coas liñas de traballo desenvolvidas nos últimos anos. Ademais de resaltar o labor que está a levar a cabo a Real Academia Galega no eido da toponimia, a través do proxecto Galicia Nomeada, que conta xa con máis de 2.200 colaboradores e máis de 28.700 topónimos.

Logo de precisar que estas iniciativas poñen de relevancia a importancia de que o traballo ao redor da lingua se faga de xeito conxunto, desde todas as instancias desde as que se constrúe Galicia (a Administración, a economía, a empresa, a cultura, etc.), Feijóo garantiu tamén o apoio do Goberno autonómico a esta institución.

Sobre este punto, o mesmo presidente do Executivo autonómico salientou onte que neste 2021 a RAG recibirá o maior financiamento procedente da Xunta nos últimos anos, chegando aos máis de 670.000 euros.

Outro dos asuntos tratados que se abordou nesta reunión foi o acordo do pleno da Real Academia Galega de homenaxear no Día das Letras Galegas 2022 ao poeta, articulista e editor literario Florencio Delgado Gurriarán.

Unha celebración á que a Xunta se sumará activamente para recoñecer as achegas deste valdeorrés, primeiro en Galicia e despois desde o exilio en México.

A RAG, MÁIS DUN SÉCULO DE TRABALLO Desde a súa fundación en 1906, a Real Academia Galega foi concibida como unha ferramenta que os galegos se daban a si mesmos para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma. Nin nos momentos máis difíciles da nosa longa historia deixou esta institución de atender aquel compromiso inicial, quer mediante as súas publicacións, quer mediante actos de homenaxe pública a figuras senlleiras da nosa cultura. “Hoxe, máis de cen anos despois daquela data, a Academia proponse manter o seu servizo á sociedade galega dando resposta aos novos retos formulados neste século que comeza”, segundo sinala na presentación da súa páxina web.

Flando da súa xanela dixital, o director de cine Andrés Goteira (Meira, 1983) protagoniza un novo capítulo de Conseguiremos, a serie producida pola RAG e a Universidade de Santiago no marco do proxecto Novas voces para a lingua. O cineasta, director da multipremiada Dhogs, comparte episodio coa boirense Sara Hermo (Oleiros, 1997), graduada en Cine e Medios Audiovisuais e promotora do festival de cine escolar Olloboi. A peza foi rodada en Meira, a localidade natal de Goteira.

19 jul 2021 / 20:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.