Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Xela Arias fixo oir a súa voz no Día das Letras Galegas

O acto central do Día das Letras Galegas comezou escoitando a voz de Xela Arias recitando versos do seu derradeiro poemario, titulado Intempériome, en compañía da música de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera. Foi un dos centos de homenaxes que recibiu a escritora, editora, tradutora e profesora viguesa na xornada na que o seu legado foi reivindicado ós catro ventos. O pleno extraordinario da Real Academia Galega, ó que asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrouse desta volta no auditorio Mar de Vigo e contou con uns emotivos discursos centrados na vida e obra da autora á que a RAG adicou este 17 de maio. Ana Romaní interviu cun discurso titulado Serse. A poética radical de Xela Arias. Advertiu que o de Xela Arias é o idioma da xustiza social. Sangue e auga: a voz da muller, a furia dos escualos foi o título do discurso de Marilar Aleixandre, quen tamén se referiu ao diálogo da autora con Rosalía de Castro e ao dereito das mulleres a “rebentar, a crebar as marxes, a non querermos ser inmaculadas nin melancólicas”. Manuel Rivas pechou a quenda das alocucións cun discurso titulado A muller que camiña na liña do horizonte, no que chamou a atención entre as coincidencias de Xela Arias e a súa coetánea catalá Maria Mercè Marçal. O presidente da Real Academia, Víctor F. Freixanes, recordou que Sarria e Vigo son dous eixes vitais que ilustran a pertenza de Xela Arias a unha xeración con raiceiras no rural, que medrou nos barrios das cidades galegas en expansión e que viviu a mocidade nun momento especialmente activo e ilusionante, o dos anos 80 e dos 90.

23 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito