Ciclo de conversas con mulleres na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
É unha idea do Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega

Ciclo de conversas con mulleres na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán / Redacción ECG
Redacción ECG
Santiago. A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán abrirá mañá un ciclo de conversas con mulleres referentes en distintos ámbitos que se estenderá, cun encontro mensual, ata decembro de 2021. A iniciativa, promovida polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega, arrincará coa participación da rexedora herculina, Inés Rey. O presidente da RAG e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes, inaugurará o ciclo. A sesión poderá seguirse a partir das 18 horas na canle de Youtube da Concellería de Cultura do Concello da Coruña. Os seguintes encontros terán lugar á mesma hora o primeiro xoves de cada mes e emitiranse na mesma plataforma. O ciclo As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán: Conversas na Casa-Museo enmárcase no programa de actividades de conmemoración do centenario do pasamento da escritora, á que renderá homenaxe traendo á actualidade o seu legado a través de charlas. As oito mulleres convidadas falarán así con xornalistas das súas respectivas traxectorias profesionais e das dificultades ás que tiveron. ECG
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El pueblo gallego que se cubrirá de flores este fin de semana: ideal para recorrer a pie y con una fiesta de Interés Turístico Internacional
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Donde comen seis: la familia que desafía la baja natalidad compostelana
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Más de 200 joyas del British Museum llegan al Gaiás con ‘Voces del Pacífico’