Medalla Pardo Bazán para Zaza Ceballos, Marijé Díaz e Mirabal
Estes galardóns da Xunta recoñecen o labor a favor de acadar a igualdade de oportunidades

REUNIÓN do xurado das Medallas Emilia Pardo Bazán, galardóns da Xunta de Galicia creados no ano 2019. Foto: G. / Luís Planas
Luís Planas
A fundadora e presidenta entre 2001 e ata o seu falecemento en 2009 da Asociación Alar de Galicia, María Jesús Díaz Sánchez; a produtora, escritora e directora de cine, Zaza Ceballos; e a Asociación Mirabal recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na terceira edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o labor a favor da igualdade de oportunidades para construír unha sociedade máis igualitaria baseada nos principios de igualdade, xustiza e solidariedade.
María Jesús Díaz, máis coñecida como Marijé Díaz, recibirá a medalla a título póstumo. Fundou en 2001 Alar Galicia para loitar polos dereitos das persoas máis desfavorecidas, incidindo sempre no rostro de muller da pobreza e sempre loitando pola igualdade de xénero e potenciando os recursos das mulleres para acadar o empoderamento real. O seu labor estivo centrado na profesionalización da muller para favorecer a súa autonomía. Na súa traxectoria profesional, ademais, elaborou varios informes e medidas de apoio contra a violencia de xénero e vítimas de violencia machista. Dirixiu, ademais, estudos de investigación social para sacar á luz a realidade das mulleres que máis sofren e proxectos de inserción social e laboral de mulleres en situación de precariedade.
Zaza Ceballos, pola súa banda, é unha das pioneiras do sector audiovisual de Galicia. Produtora, escritora e directora cinematográfica galega, no ano 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia, ocupando diversos postos de responsabilidade. Tamén foi membro da comisión de expertos para a concesión das axudas da Consellería de Cultura e responsable de coproducións nacionais e internacionais, levando, ademais, a produción de series de televisión e de ficción documental. En 1998 fundou Zenith Televisión, onde actualmente é directora e produtora executiva de diferentes películas, entre elas, sobre Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal ou Rosalía de Castro. Tamén é profesora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
Mirabal, tamén galardoada nesta edición cunha das Medallas Emilia Pardo Bazán, é unha asociación que leva traballando máis de 10 anos na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas, non só no ámbito municipal, tamén comarcal, prestando servizos nos concellos de Curtis, Oza-Cesuras e Pondedeume. O colectivo desenvolve un traballo integral de atención e acompañamento ás mulleres vítimas da violencia de xénero e os seus fillos e fillas.
As Medallas Emilia Pardo Bazán constitúen unha iniciativa que a Xunta de Galicia creou en 2019 para o recoñecemento de accións relevantes a favor da igualdade entre mulleres e homes.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Cristina Pedroche se rinde a Galicia durante sus vacaciones: 'Me voy completamente enamorada ¿Me hacéis un hueco?
- Casi 9.000 gallegos llevan más de dos años sin trabajar pese al récord de empleo: qué hay detrás del paro de larga duración
- De la dirección de la Universidad de Santiago a la gestión del Centro de Supercomputación de Galicia: María Pilar Martínez García será la primera gerente del Cesga
- Más vivienda pública en Santiago: luz verde a un nuevo edificio de 33 pisos a precios asequibles
- Miles de personas agotan en apenas tres horas las existencias de la Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz
- Termina la aventura de Muros en el Grand Prix: 'Mostramos a nosa vila nun programa de máxima audiencia
- Fly2Galicia conectará Santiago con ocho destinos nacionales y europeos desde diciembre